martes, 26 de noviembre de 2013

PDC PONTECESURES - RECREOS ACTIVOS - CHAMPIONS CESURES

     A continuación están as crónicas dos partidos disputados ata o de agora, as mesmas están elaboradas polas delegadas de prensa María Navarro e Verena Vieites.

     CRÓNICA DO PARTIDO: 3º A VS 3ºDIVER
3ºA: 12  -- 3ºDIVER: 2

*Primeiro partido de liga.

     Foi un partido no que claramente dominaron os de “A”, eso reflexouse no marcador. Non houbo a penas faltas durante todo o encontro. Coa salida de Samuel García (que foi sustituído por Fran Refojo na segunda parte), os de “A” perderon un pouco de intensidade no ataque, pero reforzaron a defensa, pois na segunda metade non encaixaron ningún gol; polo contrario, os de Diversificación defenderon peor a causa da lesión dun dos seus xogadores (Xurxo García). Non houbo expulsións.

     CRÓNICA DO PARTIDO: EQUIPO FEMENINO VS 2ºA
 EF: 2 – 2ºA: 9
 Foi un partido normal e corrente. As rapazas necesitaron axuda dun compañeiro (Samuel García) para meter os seus dous goles e máis doutro, (Samuel Castro) para intentar que o balón non pasase da liña de meta. Segundo A, rapaces futbolistas, gañaronlle ás rapazas por sete goles máis. Non había nada que facer, xa que, os rapaces dominaban o fútbol e as rapazas o baloncesto. Antía Sanmarco, a titular do equipo, case mete un gol. María Navarro, a pesar de que non tiña roupa apropiada para xogar, quedou de porteira e parou outro. Por outra parte, Jacobo, porteiro/xogador de segundo, púxose a celebrar un gol que meteran nese momento os do seu equipo, e mentres, Samuel García, o xogador de terceiro, tirou desde medio campo e meteu. 


     CRÓNICA DO PARTIDO: 3º ESO VS 1ºA
3º ESO:14- 1ºA:1
     Foi un partido moi interesante. Os de terceiro ganaronlles por 13 goles máis aos de primeiro. Neste partido, de terceiro meteron Samuel García (6 goles) , Samuel Castro (4 goles), Santi Gándara (3 goles) e Daniel Olivera (1 gol). Mentres paraban o balón, Samuel García aprobeitaba para comer sen que o árbitro o amonestara. O único gol de primeiro meteuno Jose Castaño. Rabia dende as bancadas cara aos de 3º de ESO.

     CRÓNICA DO PARTIDO: 4ºESO Vs 1ºA
4º ESO:3-1ºA:0
     Foi un partido no que houbo moitas ocasións, na primeira parte so unha acabou pasando a liña de meta. Na 2ª houbo menos ocasións pero 4º soupo aproveitar as poucas que tivo metendo dous goles. No partido tivo lugar un enfrentamento entre os irmáns Santamaría López, o seu comportamento foi deportivo.
Varios xogadores de 4º estaban  nunhas condicións físicas moi discutibles.

     CRÓNICA DO PARTIDO: EF VS 1ºA
 EF: 5 – 1ºA: 6
     Partido moi entretido. O equipo feminino empezou con moi bo pé (ao longo do partido necesitaron  a axuda de Samuel García, Misael e Lorenzo, aínda que o que máis estivo no campo foi Samuel). Tiveron moi boa defensa e ataque. Os goles foron: 2 de Samuel, 2 de Antía Sanmaro e 1 de María. Esther quedou de porteira durante casi todo o partido e parou moitísimos goles. Sofía parou un gol na segunda parte. Verena, que estaba de defensa, parou tres goles. A xente de 3º festexaba os goles do equipo feminino, e nas gradas, os de 1º festexaban os de 1ºA. Na segunda parte, o equipo feminino ía remontando, pero no último segundo antes de que o árbitro pitara o final do partido, Jose Castaño, xogador de primeiro,  meteu un gol dende medio campo. De 1º A meteron: 2 goles Uziel, 2 Lois, 1 Álvaro e 1 Jose Castaño. Estes gañaron por ese gol no último segundo. Para ser rapazas, as do equipo feminino xogaron moi ben. 

ANDAINA SOLIDARIA - PONTECESURES

    Como liña de promoción deportiva dentro do Proxecto Deportivo de Centro, informámosvos dunha nova actividade dentro do Concello.



     Pontecesures acollerá o vindeiro 30 de novembro unha nova edición da Andaina Solidaria. A iniciativa, impulsada polo Concello de Pontecesures, a Fundación Amigos de Galicia e o programa Galicia Saudable da Xunta de Galicia, conta tamén coa colaboración de Finsa e Alisal. Nesta ocasión, faise coincidir coa recollida de alimentos a nivel nacional para loitar contra a fame.
     A andaina, de dificultade baixa, partirá ás 10:00 horas da Plazuela e recorrerá oito kilómetros polo casco urbano e arredores,chegando a Infesta, Porto, Condide e San Xulián. Non será necesaria inscrición. Para participar o único requisito é a entrega á organización de alimentos non perecedeiros, e a cambio os participantes recibirán unha camiseta de agasallo.
     Todos os alimentos reunidos serán entregados á Fundación Amigos de Galicia. Tamén se poden entregar estes alimentos durante a semana na Casa do Concello e nos establecementos locais adheridos á campaña.

Desde a organización do acto tamén se fai unha chamada a todos aqueles que queiran colaborar nesta actividade. Poden axudar de moitos xeitos: como voluntarios e mesmo organizando un grupo de voluntarios con amigos e/ou familiares e tamén difundindo esta mensaxe entre os coñecidos para crear unha cadea solidaria que permita chegar a moita máis xente.

    ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

jueves, 21 de noviembre de 2013

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

   O P.D.C. de Pontecesures acaba de ser recoñecido como un dos mellores da nosa comunidade autónoma, pola sua aportación a vida activa do alumnado e da comunidade educativa, así coma pola súa innovación educativa.

   Dende aquí informamos de dito feito para animarvos a todos; alumnos, profesores, e ao resto da comunidade educativa a seguir participando nel. Para que no futuro todos sexamos xente sana, que se alimenta ben, que fai exercicio físico e que non ten malos hábitos.

   Este é un proxecto aberto, que está en continuo movemento, todos temos moito que aportar. Anímovos a seguir participando nel.

   CO TEMPO TEMOS QUE ADELGAZAR UN POUCO A CESURÍN, A NOSA MASCOTA!!!, JAJAJAJAJAA!!!!!!



miércoles, 20 de noviembre de 2013

CONDICIÓN FÍSICA E SAÚDE

   Tal e como temos falado na clase en multitude de ocasións, para levar unha vida sana temos que respetar os tres pilares da saúde. A saber: facer exercicio físico, alimentarse correctamente e non ter malos hábitos.

   Respecto a este último pilar, os malos hábitos. Deixovos aquí este vídeo para que reflexionedes e fagades reflexionar, a tódalas persoas que queredes, e que por desgracia son fumadores.

  http://www.youtube.com/watch?v=_l-gyBr-tAk