Ola a todxs!!!, o pasado xoves 19 de maio os protagonistas do roteiro monte e mar foi o alumnado de terceiro de eso. Eiquí deixamos fotos da gran mañá que pasamos, percorrendo parte do concello de Marín. Os próximos en participar será o alumnado de 4 de eso, faranno o martes día 31 de maio.
martes, 24 de mayo de 2022
PDC ILLA DE TAMBO - ROTEIRO MONTE E MAR 3º DE ESO
miércoles, 18 de mayo de 2022
PDC ILLA DE TAMBO - ROEIRO MONTE E MAR - 2º DE ESO
Ola a todxs!!!, o pasado xoves 12 de maio os protagonistas do roteiro monte e mar foi o alumnado de segundo de eso. Eiquí deixamos fotos da gran mañá que pasamos, percorrendo parte do concello de Marín.
ATA A PRÓXIMA RUTA, QUE SI TODO VAI BEN, SERÁ MAÑÁ XOVES DÍA 19 CO ALUMNADO DE TERCEIRO DE ESO.
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!
jueves, 5 de mayo de 2022
PDC ILLA DE TAMBO - ROTEIRO MONTE E MAR - 1º DE ESO
OLA A TODOS!!!!!
Xa que este curso por mor do covid, por segundo ano consecutivo, tivemos que suspender varias actividades do proxecto deportivo de centro; a actividade deportes de inverno e tamén a de deportes de montaña. Decidimos ampliar a posta en marcha deste fermoso roteiro. Sempre o levábamos a cabo con 3 de eso, en colaboración con normalización lingüística. Este curso, implicándose todo o departamento de educación física, normalización lingüística, vicedirección e o departamento de orientación ampliamos o roteiro a tódolos niveis do instituto, salvo 2 de bacharelato. A vicedirección do centro axudou na organización e posta en marcha...E O PASADO MARTES, comenzamos con 1 de eso. Cada semana, tentaremos levar a un nivel, ata completar os cinco.
Este roteiro comeza e remata no instituto. Saímos cara o monte, subindo a penizas, disfrutamos do castro da Subidá, pasamos polo mirador dos catro ventos, e baixamos a Mogor para contemplar os petroglifos, xa o nivel do mar disfrutamos do descanso na praia, e voltamos ao instituto xa pegados ao mar ata o centro de Marín,
Eiquí quedan unhas instantáneas dunha mañá de ACTIVIDADE FÍSICA E FORMACIÓN!!!
SEN MAIS, A POLA SEGUINTE!!!
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!
viernes, 8 de abril de 2022
PDC ILLA DE TAMBO - ATLETISMO
Nesta entrada imos dar conta dunha nova actividade do noso proxecto deportivo de centro. Unha xornada de atletismo, nas instalacións deportivas municipais da Raña. Este traballo foi levado a cabo coa colaboración de Víctor Riobó, laureado atleta desta vila, e que cursou os seus estudios no noso instituto. Un placer poder contar con él, o seu compromiso en prol de educar nunha vida sana e activa é indudable. Tentaremos repetir esta iniciativa tódolos anos.
A actividade consistiu nunha caminata dende o instituto a instalación deportiva. Charla a cargo de Victor Riobó. Sesión práctica a cargo de tres monitores, o propio Víctor e os dous profesores de educación física do ies, que consistiu en ir rotando en grupos, polas seguintes estacións: 60 metros, 500 metros, lanzamento de vortex (xabalina), lanzamento de peso e salto de lonxitude. En cada estación recibiron as explicacións técnicas pertinentes e fixeron o traballo práctico. Tras pasar os 121 alumnxs que participaron na actividade por tódalas estacións, fixemos unha parada para merendar, e fixemos unha competición cos voluntarios que quixeron, incluíndo unha proba de relevos de 4x60 a tódalas probas anteriores. Ao terminar a xornada de atletismo, voltamos camiñando ao instituto.
Un éxito de xornada, que tentaremos repetir, co alumnado de 1º e 2º de eso o curso que ven.
Dende o departamento de educación física queremos dar a gracias a Víctor, ao equipo directivo e ao concello de Marín, por facer posible esta actividade.
Agora unhas imaxes que reflexan a actividade levada a cabo.
SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
miércoles, 9 de marzo de 2022
PDC ILLA DE TAMBO - PRIMEIROS AUXILIOS
Na programación de educación física temos unha u.u.d.d. de primeiros auxilios que se traballa de forma progresiva dende primeiro de eso. Este curso, unha das alumnas do grao en ciencias da actividad fisíca e deporte, está a facer a suas prácticas con nós. E así mesmo, o seu traballo de fin de grado, fai un estudio sobre a transferencia do aprendizaxe a hora de realizar unha reanimación cardiopulmonar sobre os maniquís, ou sobre uns preparados con material reciclable. Os grupos escollidos para levar a cabo este estudio foron 1º e 2º de eso. Eiquí deixamos unhas imaxes das sesións levadas a cabo.










































