OLA A TODOS!!!!!
Xa que este curso por mor do covid, por segundo ano consecutivo, tivemos que suspender varias actividades do proxecto deportivo de centro; a actividade deportes de inverno e tamén a de deportes de montaña. Decidimos ampliar a posta en marcha deste fermoso roteiro. Sempre o levábamos a cabo con 3 de eso, en colaboración con normalización lingüística. Este curso, implicándose todo o departamento de educación física, normalización lingüística, vicedirección e o departamento de orientación ampliamos o roteiro a tódolos niveis do instituto, salvo 2 de bacharelato. A vicedirección do centro axudou na organización e posta en marcha...E O PASADO MARTES, comenzamos con 1 de eso. Cada semana, tentaremos levar a un nivel, ata completar os cinco.
Este roteiro comeza e remata no instituto. Saímos cara o monte, subindo a penizas, disfrutamos do castro da Subidá, pasamos polo mirador dos catro ventos, e baixamos a Mogor para contemplar os petroglifos, xa o nivel do mar disfrutamos do descanso na praia, e voltamos ao instituto xa pegados ao mar ata o centro de Marín,
Eiquí quedan unhas instantáneas dunha mañá de ACTIVIDADE FÍSICA E FORMACIÓN!!!
SEN MAIS, A POLA SEGUINTE!!!
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario