lunes, 29 de abril de 2019

PDC ILLA DE TAMBO - ACTIVIDADE MULTIDISCIPLINAR

   En colaboración co equipo de normalización lingüística e os departamentos de Lingua Galega e Ciencias Sociais Xeografía e Historia levamos a cabo esta actividade multidisciplinar. Dende o noso departamento traballáronse todos os contidos relacionados cunha ruta de sendeirismo, saída ao medio natural, precaucións e preparativos. Nos outros dous departamentos os contidos curriculares relacionados coa zona a visitar, así como as crónicas avaliables que realizaron.

   O alumnado ao que foi dirixido e o de terceiro de eso. Todos participaron na actividade o xoves 11 de abril. Tódolos departamentos implicados e o alumnado, quedaron satisfeitos!!!

   A seguir!!!!!!!!, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!!!!













PDC ILLA DE TAMBO - RECREOS ACTIVOS

   Dentro dos recreos activos e englobado nas actividades curriculares de 2º de Eso, estes alumnos coa sua profesora Marta estiveron a traballar o Speedgoal, e aproveitando estes recreos, organizaron unha competición. A continuación explicamos o deporte e poñemos unhas fotos da actividade...

    O SPEEDGOAL é un deporte alternativo no que se mesturan o regulamento e a técnica de dous
deportes: balonmán e fútbol sala. O equipo en posesión do balón é o que decide si se ataca cos pés ou
coas mans. Non pudendo repetir máis de dúas veces seguidas co mesmo deporte.
O alumnado de 2º da ESO formaron os seus clubs, e unha liga interna dentro de cada clase. Os dous
mellores equipos de cada aula clasificáronse para xogar un torneo nos recreos enfrontándose as
outras aulas. Xogando a final dous equipos de 2º ESO (B).
Parabéns a todos os participantes polo voso comportamento e implicación.










     SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!!!!!

viernes, 26 de abril de 2019

PDC ILLA DE TAMBO - DEPORTES DE MONTAÑA

   Nesta entrada imos comentar o acontecido na segunda das actividades do departamento que teñen pernocta fora da localidade. Esta é deportes de montaña, e ten unha ampla cobertura de actividades na natureza, neste caso no entorno dos picos de europa.

   Faise un desprazamento aos picos de europa, en concreto ao valle de Liébana. Aproveitase o viaxe de ida para visitar Cudillero e Covadonga e xa unha vez no valle comenzan as actividades: escalada, rapel, tirolina, rutas de senderimo, rutas de treking (teleférico de Fuente De), rutas a caballo y visita a Cabárceno que se fai camiñando todo o día..., e xa de regreso o venres..., parada en Arriondas para facer un tramo do descenso do río Sella, actividad que dende que se incluiu, e unha das favoritas do alumnado participante na mesma. Que neste caso son alumnos de 2º de Eso.

   A continuación incluimos fotos da experiencia, tamén temos unha presentación con imaxes e música, ao igual que na de deportes de inverno, e ambas son proxectadas nos recreos no hall de entrada ao instituto...













jueves, 25 de abril de 2019

PDC ILLA DE TAMBO - BIOLOXÍA

   Ola de novo, eiquí estamos a voltas coa vida activa..., e nesta entrada poñemos os links que dan acceso aos traballos realizados polo alumnado de 3º de eso e 1º de bacherelato, que a través do departamento de bioloxía participan no proxecto deportivo de centro.

Traballos de 3º de Eso

https://seresvivosysumundo.blogspot.com/2019/04/3-eso-proxecto-deportivo-de-centro.html

Traballos de 1º de Bacherelato


 https://seresvivosysumundo.blogspot.com/2019/04/1-bac-anatomia-aplicada-proyecto.html



 Disfrutade dos traballos e gracias a profesora polo seu traballo e implicación co proxecto deportivo!!

SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!