lunes, 29 de abril de 2019

PDC ILLA DE TAMBO - RECREOS ACTIVOS

   Dentro dos recreos activos e englobado nas actividades curriculares de 2º de Eso, estes alumnos coa sua profesora Marta estiveron a traballar o Speedgoal, e aproveitando estes recreos, organizaron unha competición. A continuación explicamos o deporte e poñemos unhas fotos da actividade...

    O SPEEDGOAL é un deporte alternativo no que se mesturan o regulamento e a técnica de dous
deportes: balonmán e fútbol sala. O equipo en posesión do balón é o que decide si se ataca cos pés ou
coas mans. Non pudendo repetir máis de dúas veces seguidas co mesmo deporte.
O alumnado de 2º da ESO formaron os seus clubs, e unha liga interna dentro de cada clase. Os dous
mellores equipos de cada aula clasificáronse para xogar un torneo nos recreos enfrontándose as
outras aulas. Xogando a final dous equipos de 2º ESO (B).
Parabéns a todos os participantes polo voso comportamento e implicación.










     SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario