Esta entrada énchenos de ledicia, xa que é unha das nosas líneas de actuación estrela. Este ano contamos de novo cos RECREOS ACTIVOS!!, moi demandados polo alumnado, e que do mesmo xeito, ao ter o ximnasio e o pabillón aberto para actividades deportivas, desconxestiona o patio e os pasillos do noso centro. Actualmente estánse a facer equipos para tentar de montar unha competición de fútbol sala e outra de voleibol. De forma paralela hai entre ximnasio e pabillón cinco grupos de fútbol, outro de voleibol, un de balonmán e outro de badmintón, cun total de 108 alumnxs anotados. Todxs estes alumnxs vinculados de forma voluntaria a actividade física, a través dos nosos recreos activos!!!!!!!!! Aquí deixamos unhas fotos que dan conta dos mesmos.
martes, 7 de noviembre de 2023
PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS
Un ano mais solicitamos o caixón de dafis para facer o estudo de datos de actividade física saudable ao noso alumnado. E o oitavo curso consecutivo en que o facemos no Illa de Tambo, e o séptimo dentro do proxecto deportivo de centro. Esta plataforma axúdanos a ter unha idea clara do perfil do alumnado, facendo unha tutoría individual con cada un para ter en conta os datos do informe de cara a avaliación da asignatura e o mais importante de cara a unha autoavaliación do propio alumnado. E deste xeito avanzar no logro das suas competencias persoais, así como nas suas competencias motrices. Por outra banda isto tamén axuda a que a secretaría xeral para o deporte poida ter uns datos macro do alumnado galego.
Pasamos as probas a cento vintecinco alumnxs dos cursos de segundo de eso e de primeiro de bacharelato.Este é o link da plataforma utilizada para este traballo. https://dafis.xunta.es/es/
Ata a próxima entrada..., e mentres...
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)