Esta entrada énchenos de ledicia, xa que é unha das nosas líneas de actuación estrela. OS RECREOS ACTIVOS!!, moi demandados polo alumnado, e que do mesmo xeito, ao ter o ximnasio e o pabillón aberto para actividades deportivas, desconxestiona o patio e os pasillos do noso centro. Este curso temos en marcha unha competición de fútbol sala, co seu perfil de instagram, e cunha liguilla en marcha que dará lugar a un cadro final. Movemos ao redor de 90 alumnxs inscritos, a parte da competición, temos grupos de fútbol, de voleibol, de balonmán, un de habilidades de loita e agarre (grappling), outro de badmintón, un de actividades artístico expresivas (coreografías), e por último un de acondicionamento físico. Contando co alumnado da competición, cerca dos 150 alumnxs están vinculados aos nosos recreos activos. Alumnado vinculado de forma voluntaria a actividade física, a través dos nosos recreos activos!!!!!!!!! Aquí deixamos unhas fotos que dan conta dos mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario