miércoles, 6 de mayo de 2020

ANATOMÍA APLICADA - 1º BACHARELATO

   Hola a todxs!!!

   Agora imos co traballo de investigación que tiñamos pendente para a terceira avaliación. Farémolo de forma individual, e a entrega do mesmo será vía whatsapp, polo peso dos mesmos. Facedes unha grabación da voxa voz, explicando o mais didacticamente posible o que vades pasando na pantalla do dispositivo que estedes a usar. O prazo de entrega ten como fecha límite o 24 de maio. O tema sobre o que hai que traballar é: Alimentación equilibrada. Alimentación segundo enfermidades. Alimentación segundo disciplinas deportivas. Podedes tratar os tres temas, podedes centrarvos nun deles ou podedes centravos no que mais vos interese e os motive relacionado coa alimentación. Tratade, ao igual que cos temas xa traballados, de aprender algo!!. E seguides co meu apoio e axuda a través do correo e do móvil.

   ALIMENTÁDEVOS BEN, FACEDE EXERCICIO (AGORA TAMÉN AO AIRE LIBRE!!!!!!!) E DISFRUTADE DE APRENDER TRANQUILOS E CON CALMA.

FORZA, RESILIENCIA E SAÚDE!!!!!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario