martes, 19 de mayo de 2020

ANATOMÍA APLICADA - 1º BACHARELATO

Hola a todxs!!!

   Imos co último tema que tedes que traballar, SISTEMAS DE PRODUCIÓN DE ENERXÍA. Tedes a vosa disposición no aula virtual, catro pequenos arquivos que vos darán a pauta e o guión do traballo. Ao igual que nos anteriores, facede achegas de enlaces, fotos, vídeos, o que vos pareza interesante, tendo como base os contidos que vos presento. Coma última aprendizaxe do curso, este complexo organismo que temos e do que xa tedes moito mais coñecemento que en setembro, PRECISA DE ENERXÍA. No traballo que estades entregando estes días, falades de como temos que alimentarnos, e agora neste tema ides aprender como usamos esa enerxía que nos proporcionan os alimentos, en función da actividade que estamos a realizar.
   Espero que vos resulte interesante este último tema, e que teñades aprendido cousas, tanto na parte presencial do curso, como nesta parte de proceso de ensino-aprendizaxe telemático.
   Para mín foi un pracer poder impartirvos esta materia, dístesvos conta de que gústame moito, e non me canso de repasar e aprender cousas relacionadas coa anatomía. Espero non ter sido moi pesado, e ter despertado en vos a inquedanza de saber cousas sobre a nosa anatomía, para así ser quen de coidarvos e SER MAIS FELICES!!!
   O prazo de entrega ten como fecha límite o 7 de xuño, enviade o traballo ao correo electrónico fbuceta@edu.xunta.es. Se alguén precisa algo, contades co meu apoio e axuda a través do correo e do móvil.

   ALIMENTÁDEVOS BEN, FACEDE EXERCICIO (AGORA TAMÉN AO AIRE LIBRE!!!!!!!, E EN FASE 2 SEN TANTA RESTRICCIÓN HORARIA) E DISFRUTADE DE APRENDER TRANQUILOS E CON CALMA.

FORZA, RESILIENCIA E SAÚDE!!!!!!!!


miércoles, 6 de mayo de 2020

ANATOMÍA APLICADA - 1º BACHARELATO

   Hola a todxs!!!

   Agora imos co traballo de investigación que tiñamos pendente para a terceira avaliación. Farémolo de forma individual, e a entrega do mesmo será vía whatsapp, polo peso dos mesmos. Facedes unha grabación da voxa voz, explicando o mais didacticamente posible o que vades pasando na pantalla do dispositivo que estedes a usar. O prazo de entrega ten como fecha límite o 24 de maio. O tema sobre o que hai que traballar é: Alimentación equilibrada. Alimentación segundo enfermidades. Alimentación segundo disciplinas deportivas. Podedes tratar os tres temas, podedes centrarvos nun deles ou podedes centravos no que mais vos interese e os motive relacionado coa alimentación. Tratade, ao igual que cos temas xa traballados, de aprender algo!!. E seguides co meu apoio e axuda a través do correo e do móvil.

   ALIMENTÁDEVOS BEN, FACEDE EXERCICIO (AGORA TAMÉN AO AIRE LIBRE!!!!!!!) E DISFRUTADE DE APRENDER TRANQUILOS E CON CALMA.

FORZA, RESILIENCIA E SAÚDE!!!!!!!!