Este curso xa temos a actividade dentro do noso proxecto deportivo, para implementar un aumento das horas de actividade física dos nosos alumnos.
Estamos moi satisfeitos no departamento de Educación Física co traballo desenvolvido polos 33 escolares que participaron este curso na actividade. Polo que poñen nos cuestionarios anónimos cubertos ao regreso comprenderon a perfección o funcionamento dunha estación de montaña. O uso dos distintos tipos de remontes, así como os principios básicos do esquí alpino. Tivemos unha semana con boas condicións climatolóxicas, cunha nevadiña ao principio da mesma, que fixo que o estado da neve fose moi bo. Inda que sí foi unha semana bastante fría.
Encantados da experiencia, e dispostos a seguir traballando para que se repitan...,
SEMPRE SAÚDE!!!, SEMPRE EXERCICIO FÍSICO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario