Valoración dos resultados académicos da segunda avaliación.
Valoración dun cuestionario que cubren as entidades deportivas onde cada alumno/a fai exercicio físico. Vai ao final desta entrada do blog.
E por último a valoración das actitudes do alumnado. Isto faise a través do díptico que elaboran os alumnos/as de 4º de informática, e que se pasan en tódalas tutorias. En base as respostas establecense unhas puntuacións. Este é o diptico co que traballamos.
Achegamosvos o cuestionario que cubren as entidades deportivas.
PUBLICAREMOS NO BLOG, NO MES DE XUÑO, OS CINCO PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA CATEGORÍA. ÁNIMO ALUMNOS/AS INTEGRAIS!!!!!!!!
PREMIO ALUMNO INTEGRAL 2016 – PROXECTO
DEPORTIVO DE CENTRO – C.P.I. PONTECESURES
|
CUESTIONARIO
PARA CLUBES E ENTIDADES DEPORTIVAS
|
ENTIDADE:
|
ALUMNO:
|
CURSO:
|
Pedímoste que valores os seguintes apartados referentes ao respecto, o
rendemento e a participación do alumno nas actividades físico-deportivas da túa
entidade. Para isto pon unha cruz (X) no cadro correspondente a cada un dos
apartados no -1, -0.5, 0, +0.5 ou +1.
Se consideras que o alumno cumpre totalmente nese
apartado marca +1, se consideras que destaca por non facelo marca -1 e para
casos intermedios escolle entre as outras valoracións. Coas valoracións que nos remitas xa nós facemos o
cómputo global. GRAZAS!
APARTADOS A VALORAR
|
-1
|
-0.5
|
0
|
+0.5
|
+1
|
Saúda deportivamente os contrincantes ou compañeiros de actividade
tanto se gaña como se perde, non lles mostra desprezo, respecta a súa
integridade física, non responde a provocacións e acepta as súas desculpas.
|
|||||
Non discute cos compañeiros nen marxina ninguén.
Facilita a socialización das novas incorporacións.
|
|||||
Atende as explicacións e respecta as decisións dos
adestradores, monitores e persoas que arbitran.
Cumpre as instrucións que se lle dan.
Cumpre as sancións en caso de que as houber.
|
|||||
Mostra educación e respecto con todos: limpadores,
conserxes, axudantes…
|
|||||
Nas sesións deportivas fai estiramentos e, ao rematalas, aséase.
|
|||||
Ten espíritu de superación.
Esfórzase até alcanzar novas habilidades e aumentar o seu rendemento.
|
|||||
Asiste e é puntual aos adestramentos, clases, partidos, competicións
e outras actividades programadas.
|
|||||
Anima e axuda os compañeiros.
Refórzaos con frases positivas.
Non protesta cando é substituído.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario