viernes, 23 de octubre de 2015

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO DE PONTECESURES

   Xa avisamos de que non íamos parar de movernos e de levar unha vida activa!!!

   Aquí estamos!!!!!!!!

   Informámosvos das liñas de traballo que estamos a seguir...

   Xa fixemos as dúas primeiras sesións da actividade náutica-piragüismo, no río Ulla. Faixe como en cursos anteriores en colaboración co clube náutico de Pontecesures. Na primaveira faremos outras dúas sesións desta unidade didáctica correspondente as actividades na natureza. Faremos unha entrada a parte neste blog, para que poidades ver as fotos da mesma.

   Temos en marcha tamén a actividade didáctica deportes de inverno-esquí. Como tódolos cursos traballamos conxuntamente co c.p.i. Julia Becerra Malvar, deste xeito entre os dous centros xuntamos alumnos suficientes para encher un autobús e que así o precio sexa razoable. Temos o proxecto da actividade a disposición da comunidade educativa. Dende hoxe os alumnos participantes xa teñen as rifas co galo de recaudar fondos para a mesma!!!

   Tamén temos nomeados tódolos delegados deportivos, co cal os recreos activos xa están en marcha... espacios e material repartido en base aos acordos tomados polos propios delegados na reunión celebrada a finais do mes pasado. Dentro deste eido dos recreos activos xa están traballando na organización da champios de cesures..., manterémosvos informados.

  Por último, estamos a traballar na revisión do mapa deportivo de pontecesures para facer os cambios que sexan oportunos...

  Como boas novas temos dúas:

  Despois da desagradable situación vivida a finais de Setembro, a que facíamos referencia na entrada anterior. Salientar que dende esa misma semana contamos cunha solución provisional que nos permite desenvolver o proceso de ensinanaza-aprendizaxe nunhas condicións lumínicas aceptables.

   E por outra banda, un novo recoñecemento ao noso proxecto deportivo de centro. Esta vez a revista EDUGA, ven de publicar no seu último número un artigo no apartado de innovación educativa no que fala do noso proxecto. Este é o link: http://www.edu.xunta.es/eduga/828/plan-proxecta/proxecto-deportivo-centro


   Esto ten que animarnos a seguir facendo de toda a nosa comunidade educativa unha comunidade mais ACTIVA!!!!!, POLO TANTO MAIS SANA!!!!!

jueves, 1 de octubre de 2015

MALAS NOVAS

   Este comezo de curso non foi o agradable que todos quixeramos para o departamento de Educación Física.

   O motivo é o seguinte: no transcuro do primeiro trimestre do curso pasado levouse a cabo un cambio das luminarias do ximnasio, ( a nosa única aula de traballo), para lograr un maior aforro enerxético. Ata eiquí todo ben. Pero esas novas luminarias fallaron dende o primeiro día, unhas sen alumear nada, e outras parpadeando. O que facía que o proceso de ensinanza-aprendizaxe non reuníse as condicións mínimas..., incluso asumindo riscos para a visión de todos.

   Tívose moita paciencia co representante do concello no consello escolar, pedindo por activa e por pasiva, unha solución. Esta non chegou...

   Este curso comezaba na mesma situación..., e ante a ineficacia na resolución do problema, e a falta de solucións. O departamento de Educación Física viuse na obriga de proporlle a dirección do centro o peche do ximnasio para todo tipo de actividades. A dirección así o propuso no consello escolar do día 29 de Setembro. E nesas estamos...

   Parece que onte comezou o principio dunha solución provisional...

   En fín, moi triste e moi doloroso ter que chegar a esta situación despois de casi un ano esperando...

   SAUDOS A TODOS E SEGUIREMOS ADIANTE CO NOSO PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO!!!!!, PARA MELLORAR O NOSO ESTILO DE VIDA!!!!!!!!!!

   NON O DUBIDEDES!!!