martes, 25 de noviembre de 2014

PDC DE PONTECESURES - CRÓNICAS CHAMPIOSN CESURES

  Elaboradas por la alumna de 3º de ESO, Sofía Rarís Frois, delegada de prensa da champions de Cesures. Eiquí tedes as crónicas dos primeiros partidos disputados. Ditas crónicas seguindo os requisitos do departamento de Lingua Galega, tamén lle contarán  a alumna no apartado correspondente de dita asignatura.



15 de outubro do curso 2014-15.

O noso Champions League empezou con moita emoción. No partido inaugural enfrontábanse 1º e 2ºA, co equipo de 2ºA formado maioritariamente por rapazas. Os xogadores de 1º foron Daniel, Michael, Manuel, Rodrigo, Angie e Martín, e os de 2º foron Lucía, Jenny, Sara, Jose, Alba, e Alexia. Ao final o resultado foi 4-4, cunha bota loita por ambas partas. O primeiro tempo rematou cun resultado de 2-1 favorable a 1º, con dous goles de Michael. O gol de 2º marcouno o único rapaz que xoga no equipo, Jose. O segundo tempo presentouse moi disputado porque os de 2º colleron forzas, visto o visto. Foi moi disputado, e ao final houbo empate.

Goles: de 1º marcaron Michael (3). O cuarto gol foi metido nunha xogada desafortunada en propia meta. De 2º marcau Jose (4).
Arbitrou o partido Rubén, de 4º, facendo unha boa arbritraxe.

22 de outubro do curso 2014-15

Neste segundo partido da temporado enfrontáronse 2ºB e 3º. Por 2ºB xogaron Lois, Ángel, Álvaro, Sergio, e Diego. Por 3º, Borja, Jacobo, Santi, Aharón, e Manuel. O resultado foi 3-11. Os primeiros minutos do partido foron bastante igualados, con goles por ambas partes, pero ao final do primeiro tempo e durante todo o segundo tempo dominou 3º claramente. Os xogadores de 3º protestaron algunhas decisións do árbitro, o cal sorprendeu vendo a marcha do partido. 

Goles: de 2º marcaron Lois (2) e Ánge. De 3º marcaron Borja (1), Jacobo (4), Santi (3), Aharón (3).   
O árbitro pitoulle tres faltas ao equipo de 3º.

29 de outubro do curso 14-15.

Xogaron 4º e 1º, cun resultado final de 12-1. Por 4º xogaron Samu, Samuel, Rubén, Lauro, e Álex, e por 1º xogaron Daniel, Michael, Manuel, Rodrigo, Angie e Martín. Os goleadores de 4º foron Samu (3), Samuel (4), Rubén (2), Lauro (2), Álex (1). En 1º marcou Manuel. Os alumnos de 4º dominaron dende o principio, pero hai que dicir que os de 1º defenderon moi duramente durante todo o encontro, e o equipo de 4º se tiveron que empregar como se estiveran disputando o final do campeonato. O gol de Manuel foi moi festexado pola grada. Neste sentido, dicir que a aficción de 1º vén apoiando ao seu equipo dende o principio do campeonato.

jueves, 13 de noviembre de 2014

PDC PONTECESURES - XA COMEZOU A CHAMPIONS DE CESURES 2014-2015



CHAMPIONS LEAGUE CESURES 2014-15

Un ano máis, no pavillón Old Trafford de Cesures,  comeza a Champions League da ESO do noso CPI. Este torneo, que cumpre xa o seu cuarto ano consecutivo, sempre levanta unha sana rivalidade entre os distintos equipos, así como entre as respectivas aficións. Na competición participan alumnos e alumnas de todos os cursos. Algúns xogadores son xa estrelas nos equipos punteiros da comarca e incluso de equipos importantes de toda Galicia.
Parte importante do mérito desta competición reside na auto-organización por parte dos propios alumnos. Neste senso, temos os nosos propios árbitros, normalmente de 4º ESO, como por exemplo Rubén, Lauro e Samuel. Temos ademais os nosos propios xornalistas: as crónicas dos partidos corren a cargo de alumnas de 3º ESO coordinadas por Sofía.
A liga comezou o 15 de outubro co partido entre 1º e 2ºA, que foi moi disputado.  
Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Deportivo de Centro do noso C.P.I., dirixido polo Departamento de Educación Física.
               Participan 5 equipos. A competición celebrarase nos dous recreos dos mércores no polideportivo. 
               En próximas entradas iremos poñendo as crónicas dos partidos disputados.

DATA
EQUIPOS
15-10-14
1º-2ºA
22-10-14
2ºB-3º
29-10-14
4º-1º
05-11-14
2ºA-2ºB
12-11-14
3º-1º
19-11-14
4º-2ºB
26-11-14
2ºA-3º
03-12-14
1º-2ºB
10-12-14
2ºA-4º
17-12-14
3º-4º