lunes, 24 de marzo de 2014

PREMIO GALICIA SAUDABLE A ENTIDADE EDUCATIVA

  O noso trabrallo en prol da vida activa e saudable foi recoñecido recentemente na gala do deporte galego. Esto o que ten é que animarnos a seguir facendo una vida activa, alimentándonos ben e evitando os malos hábitos. Para eso hai que seguir participando e colaborando en tódalas actividades do noso proxecto deportivo de centro.

  Aquí vos deixo un par de fotos do trofeo e o diploma. Podedes velo en dirección si queredes...






   NORABOA A TODOS!!!

viernes, 14 de marzo de 2014

PRIMEIROS AUXILIOS

  Coma complemento as dúas sesións teoricas que recibiron os alumnos de 4º de ESO sobre este tema tan importante. Fixemos unha práctica de soporte vital básico, reanimación cardiopulmonar. Coas xestións do Concello conseguimos que a Cruz Vermella de Vilagarcia nos impartise a sesión práctica.

  Esta é unha actuación mais dentro noso proxecto deportivo, para estar mais preparados de cara a unha práctica física responsable.

  Todo o alumnado valorou moi positivamente estas tres sesións.

  Estas son algunhas fotos da actividade:










 


lunes, 10 de marzo de 2014

ANDORRA 2014

   Xa estamos de volta, despois de pasar un ano mais unha semana en Andorra, disfrutando dos deportes de inverno!!! Os alumnos participantes nesta actividade didáctica foron os de 3º e 4º da ESO. Como ven sendo xa tradición, levamos a cabo a actividade co CPI de Barrantes. Ámbolos dous centros saen beneficiados, xa que cada un pola súa conta tería complicado realizar a viaxe. Estes catro anos de actividade en común, teñen un saldo moi positivo, xa que o estar dous profesores de Educación Física na montaña, a hora de seguir traballando cos alumnos, ao rematar as horas co monitor, fai que estes avancen moitísimo mais rápido no aprendizaxe deportivo.

   Aquí vos quedan unhas instantáneas da actividade: