martes, 27 de septiembre de 2022

PDC ILLA DE TAMBO

  Ola a todos!!!


   Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por sexto ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Este curso retomamos tódalas líneas de actuación do noso proxecto, para ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable. 
  Este curso intentaremos retomar dúas iniciativas deste proxecto que nos gustan moito e resultan moi exitosas, como as actividades didácticas de deportes de montaña e deportes de inverno. E continuamos con outras xa instauradas e que funiconan, as andainas en colaboración con  distintos departamentos e por cursos, así como seguir participando coa plataforma dafis, pasando as probas ao alumnado e deste xeito poder xerar os informes para o estudio individual e contribuir ao estudio macro por parte da secretaría xeral para o deporte. Contínuamos cos nosos queridos e reclamados polo alumnado, recreos activos!!. E terán cabida mais actividades que poidan xurdir, charlas educativas, promoción deportiva, carreiras solidarias...
   Contamos co traballo aportado por un grupo de profesorado coma son: Silvia Osorio, Luz López, Noelia Álvarez, Elena Lourido e Antonio Novo.

   De todo o que aconteza, vos iremos informando no blog que o departamento de educación física ten para o proxecto deportivo de centro, ILLA DE TAMBO.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!

lunes, 20 de junio de 2022

PDC ILLA DE TAMBO - FARTLEK HASTA MOGOR Y VOLEY Y PALAS - 1º DE BACH.

     Facemos a última entrada do curso académico 21-22, e damos conta dunha interesante actividade co alumnado de 1º de bach. Na ruta ordinaria monte e mar, non querían participar ao estar preparando os exames extraordinarios. Pero sí, un reducido número de alumnos, animouse a ir ata Mogor facendo un entrenamento continuo e despois xogar na praia con material que levamos do instituto. Foi unha bonita e agradable experiencia deportiva. Deixamos eiquí unhas instáneas de recordo da actividade.

   E SEN MAIS, DESPEDÍMONOS UN CURSO MAIS..., SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!

miércoles, 15 de junio de 2022

PDC ILLA DE TAMBO - CARREIRA BOTÓN DE ANCLA

   Esta entrada é para dar conta da nosa participación na carreira botón de ancla, organizada polo concello e a escola naval militar. Na mesma participamos tódolos centros de primaria e secundaria da contorna, disfrutando dunha carreira non competitiva e con xogos, auga e froita ao rematar, dentro do recinto da escola naval. Este ano, como novidade regalaron unha camiseta a cada participante, deste xeito a mañán lúdico-deportiva foi moi colorida, e todo un éxito. Eiquí deixamos unhas fotos da xornada vivida polo noso alumnado de 1º de eso.

 

     SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!

lunes, 13 de junio de 2022

PDC ILLA DE TAMBO - ROTEIRO MONTE E MAR 4º DE ESO

 Ola a todxs!!!, o pasado xoves 8 de xuño os protagonistas do roteiro monte e mar foi o alumnado de cuarto de eso. Eiquí deixamos fotos da gran mañá que pasamos, percorrendo parte do concello de Marín. Os próximos en participar será o alumnado de 1 de bach., faranno o venres día 17 de xuño.










   SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!


martes, 24 de mayo de 2022

PDC ILLA DE TAMBO - ROTEIRO MONTE E MAR 3º DE ESO

  Ola a todxs!!!, o pasado xoves 19 de maio os protagonistas do roteiro monte e mar foi o alumnado de terceiro de eso. Eiquí deixamos fotos da gran mañá que pasamos, percorrendo parte do concello de Marín. Os próximos en participar será o alumnado de 4 de eso, faranno o martes día 31 de maio.



















     SEN MAIS, ATA A PRÓXIMA ENTRADA, 
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!


miércoles, 18 de mayo de 2022

PDC ILLA DE TAMBO - ROEIRO MONTE E MAR - 2º DE ESO

  Ola a todxs!!!, o pasado xoves 12 de maio os protagonistas do roteiro monte e mar foi o alumnado de segundo de eso. Eiquí deixamos fotos da gran mañá que pasamos, percorrendo parte do concello de Marín.











   ATA A PRÓXIMA RUTA, QUE SI TODO VAI BEN, SERÁ MAÑÁ XOVES DÍA 19 CO ALUMNADO DE TERCEIRO DE ESO.


     SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!