Ola a todxs, nesta entrada damos conta dunha magnífica actividade que levamos a cabo en colaboración co Concello de Marín e a agrupación deportiva Xesta Natureza. Nunha ubicación maravillosa deste concello coma é a finca de Briz, levouse a cabo o xoves pasado esta actividade. Agradecer ao concello, a organización desta actividade e aos monitores de Xesta Natureza, gracias pola vosa implicación e bo facer. Por parte do departamento de educación física decidimos levar a primeiro de eso, un total de 48 alumnxs que participaron nesta estupenda actividade. Disfrutaron moito facendo exercicio ao aire libre, e coñecendo un pouco mais o deporte da orinetación. Deixámosvos eiquí unhas fotos da xornada.
miércoles, 30 de abril de 2025
martes, 8 de abril de 2025
PDC ILLA DE TAMBO - DEPORTES DE MONTAÑA
Nesta entrada imos comentar o acontecido na segunda das actividades do departamento que teñen pernocta fora da localidade.
Esta é deportes de montaña, e ten unha ampla cobertura de actividades na natureza, neste caso no entorno dos picos de europa. Faise un desprazamento aos picos de europa, en concreto ao valle de Liébana. Aproveitase o viaxe de ida para visitar Cudillero e Covadonga e xa unha vez no valle comenzan as actividades: escalada, rapel, tirolina, rutas de senderimo, rutas de treking (teleférico de Fuente De), rutas a cabalo e visita a Cabárceno que se fai camiñando todo o día..., e xa de regreso o venres..., parada en Arriondas para facer a metade do descenso do río Sella (8km), actividade que dende que se incluiu, e unha das favoritas do alumnado participante na mesma. Que neste caso son alumnos de 2º de Eso. A continuación incluimos fotos da experiencia!!!
SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!
PDC ILLA DE TAMBO - DEPORTES DE INVERNO
Un ano mais levamos a cabo esta actividade que xa forma parte da vida do centro e do proxecto deportivo do mesmo. Deste xeito 69 alumnxs de 1º de bacherelato disfrutaron da alta montaña este mes de febreiro. Compartimos viaxe con outro centro, para abaratar custos, e deste xeito todo o alumnado saia beneficiado.
A estancia foi dende o día 22 de febreiro ao día 1 de marzo, en Andorra, esquiando no dominio de grandvalira. Destacar o bo comportamento do grupo. Así como o seu compromiso co progreso na actividade física en cuestión. Un altísimo porcentaxe de alumnxs alcanzou un moi bo nivel de esquí, e todos comprenderon os principios básicos deste deporte, así como o funcionamento dos remontes e a estación en xeral. Voltamos polo tanto moi satisfeitos e con gañas de traballar xa para a seguinte xeración de alumnxs que poidan disfrutar desta experiencia vital tan gratificante. A destacar tamén que ninguén voltou lesionado de gravidade, simplemente algún reposo deportivo, por mor de non estar acostumados a actividade física continuada, ou ben algunha doenza que xa levaban por mor das suas actividades deportivas eiquí.Agora esperamos o reporte da avaliación da actividade, confiamo en que sexa satifactoria, e tanto alumnxs como pais/nais estén contentos coa organización e desenvolvemento da actividade deportes de inverno.
Por último nesta entrada, deixamos unhas fotos de recordo da mesma.
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!