Nesta entrada imos dar conta dunha actividade do noso proxecto deportivo de centro. Unha xornada de atletismo, nas instalacións deportivas municipais da Raña. Este traballo foi levado a cabo coa colaboración de Víctor Riobó, laureado atleta desta vila, e que cursou os seus estudios no noso instituto. Un placer poder contar con él, o seu compromiso en prol de educar nunha vida sana e activa é indudable. Tentaremos repetir esta iniciativa o curso que ven.
A actividade consistiu nunha caminata dende o instituto a instalación deportiva. Charla a cargo de Victor Riobó. Sesión práctica a cargo de tres monitores, o propio Víctor e os dous profesores de educación física do ies, que consistiu en ir rotando en grupos, polas seguintes estacións: 80 metros, lanzamento de vortex (xabalina), lanzamento de peso e salto de lonxitude, así como unha proba de relevos de 4x100 metros. En cada estación recibiron as explicacións técnicas pertinentes e fixeron o traballo práctico. Tras pasar os 51 alumnxs que participaron na actividade por tódalas estacións, fixemos unha parada para merendar e beber, e facer a conclusión da actividade. Ao terminar a xornada de atletismo, voltamos camiñando ao instituto.
Un éxito de xornada, que tentaremos repetir, co alumnado de 2º de eso o curso que ven.
Dende o departamento de educación física queremos dar a gracias a Víctor, ao equipo directivo e ao concello de Marín, por facer posible esta actividade.
Agora unhas imaxes que reflexan a actividade levada a cabo.
SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!