Ola a todxs!!, facemos esta entrada par dar conta da charla levada a cabo o pasado venres. Foi todo un éxito a charla, e moi de agradecer que haxa xente coma David, que poñen todo da súa parte para difundir a menxase de DAR VIDA EN VIDA. O noso alumnado tivo a sorte de a un ano da súa maioría de idade, coñecer de primeira man a importancia de doar médula ósea, para así dar a oportunidade de vivir a outras persoas. Todo un orgullo dende o noso proxecto deportivo de centro, poder SUMAR e aportar o noso graniño de area a asociación Fran Gil, no seu ímprovo traballo en prol da divulgación da importancia de donar médula ósea. Recordar que temos dous exemplares do libro publicado por David Gil, e asinados por él, na biblioteca do noso ies. Graciñas a todxs os que SUMARON para poder levar a cabo esta actividade. Desixamos unhas imaxes da charla...
martes, 25 de abril de 2023
PDC ILLA DE TAMBO - CHARLA 700 CAMISETAS CONTRA LA LEUCEMIA - ASOCIACIÓN FRAN GIL
miércoles, 12 de abril de 2023
PDC ILLA DE TAMBO - DEPORTES DE MONTAÑA
Nesta entrada imos comentar o acontecido na segunda das actividades do departamento que teñen pernocta fora da localidade, que por sorte este curso puidemos recuperar de novo, ao igual que a de deportes de inverno en Andorra.
Esta é deportes de montaña, e ten unha ampla cobertura de actividades na natureza, neste caso no entorno dos picos de europa. Faise un desprazamento aos picos de europa, en concreto ao valle de Liébana. Aproveitase o viaxe de ida para visitar Cudillero e Covadonga e xa unha vez no valle comenzan as actividades: escalada, rapel, tirolina, rutas de senderimo, rutas de treking (teleférico de Fuente De), rutas a cabalo e visita a Cabárceno que se fai camiñando todo o día..., e xa de regreso o venres..., parada en Arriondas para facer a metade do descenso do río Sella (8km), actividade que dende que se incluiu, e unha das favoritas do alumnado participante na mesma. Que neste caso son alumnos de 2º de Eso. A continuación incluimos fotos da experiencia, tamén temos unha presentación con imaxes e música, ao igual que na de deportes de inverno, e ambas son proxectadas nos recreos no hall de entrada ao instituto...
SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!