jueves, 23 de febrero de 2023

PDC ILLA DE TAMBO - DEPORTES DE INVERNO

 Un ano mais, despois do parón da pandemia, levamos a cabo esta actividade que xa forma parte da vida do centro e do proxecto deportivo do mesmo. Deste xeito 56 alumnxs de 1º de bacherelato disfrutaron da alta montaña este mes de febreiro. Compartimos viaxe con outros dos centros, para abaratar custos, e deste xeito todo o alumnado saia beneficiado.

   A estancia foi dende o día 11 ao día 18, en Andorra, esquiando no dominio de grandvalira. Destacar o bo comportamento do grupo. Así como o seu compromiso co progreso na actividade física en cuestión. Un altísimo porcentaxe de alumnxs alcanzou un moi bo nivel de esquí, e todos comprenderon os principios básicos deste deporte, así como o funcionamento dos remontes e a estación en xeral. Voltamos polo tanto moi satisfeitos e con gañas de traballar xa para a seguinte xeración de alumnxs que poidan disfrutar desta experiencia vital tan gratificante. A destacar tamén que ninguén voltou lesionado, simplemente algún reposo deportivo, por mor de non estar acostumados a actividade física continuada, ou ben algunha doenza que xa levaban por mor das suas actividades deportivas eiquí.
   Agora esperamos o reporte da avaliación da actividade, confiamo en que sexa satifactoria, e tanto alumnxs como pais/nais estén contentos coa organización e desenvolvemento da actividade deportes de inverno.

   Por último nesta entrada, deixamos unhas fotos de recordo da mesma.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!








jueves, 9 de febrero de 2023

PDC ILLA DE TAMBO - COLABORACIÓN INSTALACIÓN DEPORTIVA

   Facemos esta entrada para dar conta dunha colaboración feita coa instalación deportiva BOXOO4, a actividade foi coordinada pola profesora Elena, xa que ela entrena alí. Unha vez contada coa colaboración de Darío que xestiona a instalación. Programamos unha sesión con cada un dos primeiros de bacharelato. Son actividades insterantes porque vivencian un entrenamento distinto, fora da aula, e deste xeito tamén coñecen as instalacións da súa contorna. Levaron a cabo un entrenamiento de iniciación ao croosfit, dirixido por Darío. O alumnado en xeral disfrutou da vivencia, gustoulle a actividade e se cadra, algún ou algunha tivo algo de maniotas... Poñemos a continuación o reportaxe gráfico dos tres grupos que participaron na actividade!!

E SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!