lunes, 20 de junio de 2022
PDC ILLA DE TAMBO - FARTLEK HASTA MOGOR Y VOLEY Y PALAS - 1º DE BACH.
Facemos a última entrada do curso académico 21-22, e damos conta dunha
interesante actividade co alumnado de 1º de bach. Na ruta ordinaria monte e mar,
non querían participar ao estar preparando os exames extraordinarios. Pero sí,
un reducido número de alumnos, animouse a ir ata Mogor facendo un entrenamento
continuo e despois xogar na praia con material que levamos do instituto. Foi
unha bonita e agradable experiencia deportiva. Deixamos eiquí unhas instáneas de
recordo da actividade.
E SEN MAIS, DESPEDÍMONOS UN CURSO MAIS..., SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!
miércoles, 15 de junio de 2022
PDC ILLA DE TAMBO - CARREIRA BOTÓN DE ANCLA
Esta entrada é para dar conta da nosa participación na carreira botón de ancla, organizada polo concello e a escola naval militar. Na mesma participamos tódolos centros de primaria e secundaria da contorna, disfrutando dunha carreira non competitiva e con xogos, auga e froita ao rematar, dentro do recinto da escola naval. Este ano, como novidade regalaron unha camiseta a cada participante, deste xeito a mañán lúdico-deportiva foi moi colorida, e todo un éxito.
Eiquí deixamos unhas fotos da xornada vivida polo noso alumnado de 1º de eso.
SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!
lunes, 13 de junio de 2022
PDC ILLA DE TAMBO - ROTEIRO MONTE E MAR 4º DE ESO
Ola a todxs!!!, o pasado xoves 8 de xuño os protagonistas do roteiro monte e mar foi o alumnado de cuarto de eso. Eiquí deixamos fotos da gran mañá que pasamos, percorrendo parte do concello de Marín. Os próximos en participar será o alumnado de 1 de bach., faranno o venres día 17 de xuño.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)