miércoles, 27 de mayo de 2015

RESOLUCIÓN PREMIO ALUMNO INTEGRAL 2015

   Ola  a todos!!!, a segunda edición do premio alumno integral xa está a piques de rematar. Tan só queda que lle deamos o merecido aplauso e recoñecemento aos cinco primeiros clasificados en cada categoría. Estar entre eles significa que son alumnos ben considerados polos seus propios compañeiros (valoración feita a través dos cuestionarios anónimos nas titorías). Que teñen unha boa implicación coa actividade física nos seus respectivos clubes, asociociacións ou instalacións deportivas (valoración feita a través dun cuestionario por parte de cada entidade). E por último tamén conta o seu progreso académico, valorando eiquí as suas notas na segunda avaliación.

   Antes do remate do curso faremos entrega dos premios (material educativo-deportivo) aos dous primeiros clasificados de cada categoría. Colgaremos aquí unha foto dos protagonistas!!!

   Noraboa e a seguir crecendo de forma integral!!!, se todos progresamos nestes tres aspectos, todo nas nosas vidas será mellor!!!

* PRIMEIRO CICLO

>Categoría femenina
Xiana Magariños - 9.583
Lucía Pardal - 9.227
Sandra Iglesias - 8.514
Zaira Barreiro - 7.927
Alba Miguéns - 7.397

>Categoría masculina
Manuel Castrelo - 7.598
Ángel Barral - 7.541
Lois Fernández- 7.477
Telmo Portas - 7.337
Pedro Citoula - 7.285

*SEGUNDO CICLO

>Categoría femenina
María Navarro - 9.480
Candela Lafuente - 8.505
Micaela Amarelle - 8.165
Sofía Rarís - 7.900
Verena Vieites - 6.635

>Categoría masculina
Xenxo Santiago - 7.540
Samuel Castro - 7.359
Rubén Martínez - 6.984
Borja Dopazo - 6.894
Manuel Rivadulla - 6.846

miércoles, 20 de mayo de 2015

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - ACTIVIDADES NA NATUREZA - DEPORTES NÁUTICOS

    Xa fixemos unha entrada con fotos da actividade, pero agora facemos esta outra para que poidades disfrutar da presentación de power point tamén por este medio.

    Visionaremos a mesma en tódolas clases implicadas, coa sua música correspondente...

    Pero tamén polo blog, que non falte!!!..., ACTIVIDADE FÍSICA!!!

  

lunes, 18 de mayo de 2015

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - ACTIVIDADES NA NATUREZA - DEPORTES NÁUTICOS

    Aquí temos unha entrada para dar conta da nosa outra acitivdade na natureza, que tamén contribue dun xeito salientable a aumentar as horas de actividade física. En dúas semanas no outono e na primaveira doblamos sesión de educación física para ir ao río Ulla a facer piragüismo!!! Moitos alumnos continuan despois na escola de verán do náutico.

    Actividade levaba a cabo en colaboración co clube náutico de Pontecesures. Deixovos fotos da actividade levaba a cabo. A ver se vos recoñecedes...






    Estas foron da sesión indoor, preparatoria para a práctica no río...

    Aquí xa estades disfrutando na natureza!!!!!








viernes, 15 de mayo de 2015

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - ACTIVIDADES NA NATUREZA - DEPORTES DE INVERNO

    Xa temos cargada no slideshare a memoria de power point, coas vosas fotos e a vosa música. Deste xeito podedes visionala a través do blog. Unha actividade mais dentro do noso proxecto deportivo que aumenta as horas de actividade física e nos conduce a unha vida sana!!!!

  

lunes, 11 de mayo de 2015

ESTUDO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE

   Por segundo ano consecutivo, polas características do estudo, pasaremos os cuestionarios facilitados pola facultade ao alumnado do centro.

   Recordamos que fomos escollidos para participar neste estudo sobre hábitos saudables por ter o proxecto deportivo de centro en marcha.

   Este ano xa nos pasaron os datos recabados o curso pasado. O presente curso pasaremos o cuestionario a tódolos alumnos de primeiro a cuarto, e non se pasará no ámbito familiar. Decisión tomada polo profesor da facultade que dirixe o estudo.

   Unha liña mais de actuación dentro do noso proxecto deportivo!!!

miércoles, 6 de mayo de 2015

RAID GALLAECIA 2015

   Voltamos a facer unha entrada sobre este raid de aventura de 550 km, porque o acontecemento xa está preto!! E pasa por Pontecesures!!!!!!

   Non volo perdades!!!!, O día 12 de Maio a partires das oito e media poderán ir chegando equipos, veñen remontando o Ulla en kayak, e na zona de naútico farán unha transición a bibcicleta. Esas bicicletas estarán embaladas, teñen que desempaquetar e montar..., será un espectáculo!!!!

   Así con tódolos equipos que vaian pasando...

   Deixovos aquí o link, e falaremos do tema en tódalas clases!!!

  http://raidgallaecia.com


   IDE TODOS A ANIMAR!!!!!!!!!!