martes, 28 de mayo de 2013

MAPA DEPORTIVO DE PONTECESURES

   Dentro do desenvolvemento do proxecto deportivo de centro, e tras o análisis da realidade deportiva do Concello de Pontecesures, aquí temos o Mapa Deportivo. O departamento de Tecnoloxías e o de Educación Física, son os que están implicados no proxecto, e a través das súas asignaturas levan a cabo todo o traballo.

   Este mapa deportivo entregarase a tódolos alumnos do centro ao final de curso, na súa forma de tríptico. Tamén colgaremos varios mapas grandes, un a entrada do centro e outro no ximnasio.

   Aquí o tedes para ir votando unha ollada...

CESURÍN - A MASCOTA DO PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

   Despois do traballo realizado polos alumnos na asigantura de Educación Plástica temos como resultado a mascota para o proxecto deportivo de centro. Presentámosbos a Cesurín!!

 Él vaivos acompañar no mapa deportivo de Pontecesures que entre todos temos elaborado, para que así escollades a actividade física ou o deporte que mais vos guste!!

   Recordade, o importante é facer algo!! Vida activa!!! Todos con Cesurín!!!





 

ACTIVIDADE NÁUTICA - PIRAGÜISMO

   Este curso integramos a actividade de piragüismo no proxecto deportivo de centro. En estreita colaboración co clube náutico de Pontecesures fixemos catro sesións de traballo práctico no río Ulla. Co fín de coñecer e profundizar neste fermoso deporte que tedes todos tan preto para disfrutar dende xa!!

   Aquí van algunhas fotos dos alumnos que participaron na actividade...

  Os de 1º de ESO







   Os de 2º de ESO





  
Algúns ata se bañan ao rematar!!

CONFERENCIA DE DON CONRADO DURÁNTEZ

   Tivemos a gran sorte de que ao final, no noso centro, celebrouse a conferencia sobre a figura de Pierre de Coubertain e os valores olímpicos. Todo isto enmarcado no proxecto deportivo de centro. O poñente non foi outro que o mesmo Don Conrado Durántez, presidente da academia olímpica española, autor de moitos libros sobre o olimpismo e a figura de Pierre de Coubertain.

   Todos disfrutamos das verbas de Don Conrado, afondando no coñecemento de este gran descoñecido para moitos, Pierre de Coubertain.

   Os alumnos foron agasallados cun libro sobre olimpismo.






miércoles, 15 de mayo de 2013

CONFERENCIA VALORES OLÍMPICOS - MARTES 21 DE MAIO - 12:00

   O próximo Martes as 12:00 na biblioteca do centro teremos a fortuna de poder escoitar a D. Conrado Durántez, presidente da academia olímpica española. Con motivo do 150 aniversario do nacemento de Pierre de Coubertain, restaurador do movimento olímpico, o centro de Estudos Olímpicos en colaboración coa Academia Olímpica Española e con distintos patrocionios. Está organizando conferencias nos centros educativos. Esta vez temos a sorte de que veñen ao noso centro. Unha actividade que enriquece mais o noso proxecto deportivo de centro!

   Darannos a coñecer a figura deste humanista francés, así coma os valores e símbolos propios do movemento olímpico.

   A disfrutar da experiencia e a coñecer un pouco mais a Pierre de Coubertain!!