Esta semana retornamos a vida académica. Recordade!!
Alumnos de primeiro: comenzaremos a unidade didáctica adicada aos xogos, esa que levades tempo agardando.
Alumnos de segundo: antes de seguirén avanzando, remataremos o traballo de balonmán, avaliaremos as conductas de xogo a través dunha lista de control, facendo xogo de 4 contra 4.
Para os de primeiro e segundo tamén fixaremos as fechas das dúas sesións de piragüísmo!!, esta primavera voltamos ao club náutico!!
Alumnos de terceiro: ao igual que os de segundo, pero no voso caso o voleibol. Adicaremos varias sesións ao xogo real para que mentres disfrutades practicando deporte se vos poida ir avaliando.
Alumnos de cuarto: Aproveitaremos estas primeiras sesións do regreso para rematar a competición de bádminton que estábades levando a cabo. Neste terceiro trimestre pasaremos os proxectos da actividade na natureza-vela, por si temos participantes dabondo para levala a cabo. Xa sabedes, coma sempre, celebreríase unha vez rematados os exames de Xuño.
Bo regreso para todos!!