viernes, 10 de octubre de 2025

PDC - ILLA DE TAMBO

 Ola a todos!!!


   Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por noveno ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Este curso continuaremos con tódalas líneas de actuación do noso proxecto, para ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable. 
  Este curso continuaremos con todas as actividades, destacando a actividade didáctica de deportes de montaña. Outras xa instauradas e que funiconan, as andainas en colaboración con  distintos departamentos e por cursos, así como seguir participando coa plataforma dafis, pasando as probas ao alumnado e deste xeito poder xerar os informes para o estudio individual e contribuir ao estudio macro por parte da secretaría xeral para o deporte. Contínuamos cos nosos queridos e reclamados polo alumnado, recreos activos!!. E terán cabida mais actividades que poidan xurdir, charlas educativas, promoción deportiva, carreiras solidarias...
   Contamos co traballo aportado por un grupo de profesorado coma son: Silvia Osorio, Luz López, Sabrina Piberne, Lourdes Senra, Antonio Novo e Felix García.

   De todo o que aconteza, vos iremos informando no blog que o departamento de educación física ten para o proxecto deportivo de centro, ILLA DE TAMBO.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!

lunes, 9 de junio de 2025

PDC ILLA DE TAMBO - ROTEIRO MONTE E MAR

  OLA  A TODOS!!!!!

   
  Este fermoso roteiro foi co curso de 3 de eso, en colaboración con normalización lingüística, o departamento de orientación e a vicedirección levámolo a cabo. Cun día expléndido para a camiñata, onte disfrutamos con este alumnado desta actividade.

     Este roteiro comeza e remata no instituto. Saímos cara o monte, subindo cara a penizas, disfrutamos do castro da Subidá, pasamos polo mirador dos catro ventos, e baixamos a Mogor para contemplar os petroglifos, xa o nivel do mar disfrutamos do descanso na praia, e voltamos ao instituto xa pegados ao mar ata o centro de Marín.

     Eiquí quedan unhas instantáneas dunha mañá de ACTIVIDADE FÍSICA E FORMACIÓN!!!




















E SEN MAIS SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!

miércoles, 21 de mayo de 2025

PDC ILLA DE TAMBO - CHARLA DE DOAZÓN - ADOS GALICIA

 Ola a todxs!!, facemos esta entrada par dar conta da charla levada a cabo onte no noso ies. Foi todo un éxito a mesma, e moi de agradecer que dende ADOS se prestaran a vir ao noso instituto, poñendo todo da súa parte para difundir a menxase de DAR VIDA EN VIDA. O noso alumnado tivo a sorte, de a un ano da súa maioría de idade, coñecer de primeira man a importancia de doar sangue, tecidos, órganos e médula ósea, para así dar a oportunidade de vivir a outras persoas. Todo un orgullo dende o noso proxecto deportivo de centro, poder SUMAR e aportar o noso graniño de area para ter mais doantes de todo tipo e así facer unha sociedade mellor entre todos.



   E SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!

miércoles, 30 de abril de 2025

PDC ILLA DE TAMBO - CARREIRA DE ORIENTACIÓN FINCA DE BRIZ

 Ola a todxs, nesta entrada damos conta dunha magnífica actividade que levamos a cabo en colaboración co Concello de Marín e a agrupación deportiva Xesta Natureza. Nunha ubicación maravillosa deste concello coma é a finca de Briz, levouse a cabo o xoves pasado esta actividade. Agradecer ao concello, a organización desta actividade e aos monitores de Xesta Natureza, gracias pola vosa implicación e bo facer. Por parte do departamento de educación física decidimos levar a primeiro de eso, un total de 48 alumnxs que participaron nesta estupenda actividade. Disfrutaron moito facendo exercicio ao aire libre, e coñecendo un pouco mais o deporte da orinetación. Deixámosvos eiquí unhas fotos da xornada.


















     E SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!

martes, 8 de abril de 2025

PDC ILLA DE TAMBO - DEPORTES DE MONTAÑA

 Nesta entrada imos comentar o acontecido na segunda das actividades do departamento que teñen pernocta fora da localidade. 

     Esta é deportes de montaña, e ten unha ampla cobertura de actividades na natureza, neste caso no entorno dos picos de europa. Faise un desprazamento aos picos de europa, en concreto ao valle de Liébana. Aproveitase o viaxe de ida para visitar Cudillero e Covadonga e xa unha vez no valle comenzan as actividades: escalada, rapel, tirolina, rutas de senderimo, rutas de treking (teleférico de Fuente De), rutas a cabalo e visita a Cabárceno que se fai camiñando todo o día..., e xa de regreso o venres..., parada en Arriondas para facer a metade do descenso do río Sella (8km), actividade que dende que se incluiu, e unha das favoritas do alumnado participante na mesma. Que neste caso son alumnos de 2º de Eso. A continuación incluimos fotos da experiencia!!!

   SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!














PDC ILLA DE TAMBO - DEPORTES DE INVERNO

  Un ano mais levamos a cabo esta actividade que xa forma parte da vida do centro e do proxecto deportivo do mesmo. Deste xeito 69 alumnxs de 1º de bacherelato disfrutaron da alta montaña este mes de febreiro. Compartimos viaxe con outro centro, para abaratar custos, e deste xeito todo o alumnado saia beneficiado.

   A estancia foi dende o día 22 de febreiro ao día 1 de marzo, en Andorra, esquiando no dominio de grandvalira. Destacar o bo comportamento do grupo. Así como o seu compromiso co progreso na actividade física en cuestión. Un altísimo porcentaxe de alumnxs alcanzou un moi bo nivel de esquí, e todos comprenderon os principios básicos deste deporte, así como o funcionamento dos remontes e a estación en xeral. Voltamos polo tanto moi satisfeitos e con gañas de traballar xa para a seguinte xeración de alumnxs que poidan disfrutar desta experiencia vital tan gratificante. A destacar tamén que ninguén voltou lesionado de gravidade, simplemente algún reposo deportivo, por mor de non estar acostumados a actividade física continuada, ou ben algunha doenza que xa levaban por mor das suas actividades deportivas eiquí.
   Agora esperamos o reporte da avaliación da actividade, confiamo en que sexa satifactoria, e tanto alumnxs como pais/nais estén contentos coa organización e desenvolvemento da actividade deportes de inverno.

   Por último nesta entrada, deixamos unhas fotos de recordo da mesma.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!