Esta entrada énchenos de ledicia, xa que é unha das nosas líneas de actuación estrela. Este ano contamos de novo cos RECREOS ACTIVOS!!, moi demandados polo alumnado, e que do mesmo xeito, ao ter o pabillón aberto para actividades deportivas, desconxestiona o patio e os pasillos do noso centro. De forma diaria hai no pabillón cinco grupos de fútbol, un deles exclusivamente femenino, un de voleibol, e dous de baloncesto. Aoredor de cento vinte alumnos anotados. Todxs estes alumnxs vinculados de forma voluntaria a actividade física, a través dos nosos recreos activos!!!!!!!!! Aquí deixamos unhas fotos que dan conta dos mesmos.
E SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!







No hay comentarios:
Publicar un comentario