martes, 20 de octubre de 2026

PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS

Un ano mais solicitamos o caixón de dafis para facer o estudo de datos de actividade física saudable ao noso alumnado. E o undécimo curso consecutivo en que o facemos no Illa de Tambo, e o décimo dentro do proxecto deportivo de centro. Esta plataforma axúdanos a ter unha idea clara do perfil do alumnado, facendo unha tutoría individual con cada un para ter en conta os datos do informe de cara a avaliación da asignatura e o mais importante de cara a unha autoavaliación do propio alumnado. E deste xeito avanzar no logro das suas competencias persoais, así como nas suas competencias motrices. Por outra banda isto tamén axuda a que a secretaría xeral para o deporte poida ter uns datos macro do alumnado galego.

   Pasamos as probas a centoun alumnxs do curso de primeiro de bacharelato.

   Este é o link da plataforma utilizada para este traballo. https://dafis.xunta.es/es/

   Ata a próxima entrada..., e mentres...

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!

PDC ILLA DE TAMBO

 Ola a todos!!!


   Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por décimo ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Este curso continuaremos con tódalas líneas de actuación do noso proxecto, para ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable. 
  Este curso continuaremos con todas as actividades, destacando a actividade didáctica de deportes de inverno e deportes de montaña. Outras xa instauradas e que funiconan, as andainas en colaboración con  distintos departamentos e por cursos, así como seguir participando coa plataforma dafis, pasando as probas ao alumnado e deste xeito poder xerar os informes para o estudio individual e contribuir ao estudio macro por parte da secretaría xeral para o deporte. Contínuamos cos nosos queridos e reclamados polo alumnado, recreos activos!!. E terán cabida mais actividades que poidan xurdir, charlas educativas, promoción deportiva, carreiras solidarias...
   Contamos co traballo aportado por un grupo de profesorado coma son: Silvia Osorio, Sabrina Piberne, Lourdes Senra, Antonio Novo e Ignacio Comesaña.

   De todo o que aconteza, vos iremos informando no blog que o departamento de educación física ten para o proxecto deportivo de centro, ILLA DE TAMBO.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!