martes, 20 de octubre de 2026

PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS

Un ano mais solicitamos o caixón de dafis para facer o estudo de datos de actividade física saudable ao noso alumnado. E o undécimo curso consecutivo en que o facemos no Illa de Tambo, e o décimo dentro do proxecto deportivo de centro. Esta plataforma axúdanos a ter unha idea clara do perfil do alumnado, facendo unha tutoría individual con cada un para ter en conta os datos do informe de cara a avaliación da asignatura e o mais importante de cara a unha autoavaliación do propio alumnado. E deste xeito avanzar no logro das suas competencias persoais, así como nas suas competencias motrices. Por outra banda isto tamén axuda a que a secretaría xeral para o deporte poida ter uns datos macro do alumnado galego.

   Pasamos as probas a centoun alumnxs do curso de primeiro de bacharelato.

   Este é o link da plataforma utilizada para este traballo. https://dafis.xunta.es/es/

   Ata a próxima entrada..., e mentres...

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!

PDC ILLA DE TAMBO

 Ola a todos!!!


   Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por décimo ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Este curso continuaremos con tódalas líneas de actuación do noso proxecto, para ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable. 
  Este curso continuaremos con todas as actividades, destacando a actividade didáctica de deportes de inverno e deportes de montaña. Outras xa instauradas e que funiconan, as andainas en colaboración con  distintos departamentos e por cursos, así como seguir participando coa plataforma dafis, pasando as probas ao alumnado e deste xeito poder xerar os informes para o estudio individual e contribuir ao estudio macro por parte da secretaría xeral para o deporte. Contínuamos cos nosos queridos e reclamados polo alumnado, recreos activos!!. E terán cabida mais actividades que poidan xurdir, charlas educativas, promoción deportiva, carreiras solidarias...
   Contamos co traballo aportado por un grupo de profesorado coma son: Silvia Osorio, Sabrina Piberne, Lourdes Senra, Antonio Novo e Ignacio Comesaña.

   De todo o que aconteza, vos iremos informando no blog que o departamento de educación física ten para o proxecto deportivo de centro, ILLA DE TAMBO.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!

miércoles, 3 de junio de 2026

PDC ILLA DE TAMBO - ROTEIRO MONTE E MAR

 OLA  A TODOS!!!!!

   
  Este fermoso roteiro foi co curso de 3 de eso, en colaboración entre o departamento de educación física e a vicedirección levámolo a cabo. Cun día expléndido para a camiñata, o pasado luns disfrutamos con este alumnado desta actividade.

     Este roteiro comeza e remata no instituto. Saímos cara o monte, subindo cara a penizas, disfrutamos do castro da Subidá, pasamos polo mirador dos catro ventos, e baixamos a Mogor para contemplar os petroglifos, xa o nivel do mar disfrutamos do descanso na praia, e voltamos ao instituto xa pegados ao mar ata o centro de Marín.

     Eiquí quedan unhas instantáneas dunha mañá de ACTIVIDADE FÍSICA E FORMACIÓN!!!
















   SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!

jueves, 7 de mayo de 2026

PDC ILLA DE TAMBO - CARREIRA DE ORIENTACIÓN FINCA DE BRIZ

 Ola a todxs, nesta entrada damos conta dunha magnífica actividade que levamos a cabo en colaboración co Concello de Marín e a agrupación deportiva Xesta Natureza. Nunha ubicación maravillosa deste concello coma é a finca de Briz, levouse a cabo onte esta actividade. Agradecer ao concello, a organización desta actividade e aos monitores de Xesta Natureza, gracias pola vosa implicación e bo facer. Por parte do departamento de educación física decidimos levar a primeiro de eso, un total de 62 alumnxs que participaron nesta estupenda actividade. Disfrutaron moito facendo exercicio ao aire libre, e coñecendo un pouco mais o deporte da orinetación. Deixámosvos eiquí unhas fotos da xornada.












     E SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!

martes, 28 de abril de 2026

PDC ILLA DE TAMBO - KM SOLIDARIOS - SAVE THE CHILDREN

 E chegou o día!!!, e por sexto ano participamos na carreira solidaria de save the children. Fixémolo para fomentar a solidaridade do noso alumnado a través do exercicio físico. Como dí un dos obxectivos do proxecto deportivo de centro, avanzar na educaicón integral do noso alumnado. Pois en iso estamos!!!!!!, e así disfrutamos dunha mañá marivillosa, na envidiable contorna do concello de Marín. Saímos as 10:30h. do noso instituto, cunha boa predicción!!, camiñamos ata a praia de Aguete, fixemos fotos polo camiño, e unha no destino. Despois todo alumnado disfrutou dos seus xogos na praia de Mogor, e volta ao instituto. O alumnado participante foi o de 1º de eso, un total de 58 partiparon nos km solidarios, cada un co seu dorsal e entregando o carnet solidario coa súa doazón para axudar a ong. Faremos un cheque co valor total e enviarémolo a save the children para así poder axudalos. Disfrutamos do exercicio físico nunha contorna maravillosa da ría de Pontevedra. Aquí a reportaxe gráfica: 

E SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!











viernes, 24 de abril de 2026

PDC ILLA DE TAMBO - FRANCÉS

    Nesta entrada damos conta do traballo realizado pola profesora Sabrina Piberne co alumnado de segundo de eso. Realizaron uns cartafols con consellos para estar en forma e ter unha alimentación sá e equilibrada. Unha vez elaborado o traballo, cólgase no ximnasio. Tameń se gravou un vídeo relacionado coa saúde e o ben estar coas seguintes temáticas; clase de aerobic, consellos para estar en forma, clase de ioga e consellos para o día 20 de marzo, día da felicidade.

  A continuación poñemos algúns dos cartafols elaborados.









E SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!







jueves, 9 de abril de 2026

PDC ILLA DE TAMBO - DEPORTES DE MONTAÑA

   Nesta entrada imos comentar o acontecido na actividade do departamento que tivo pernocta fora da localidade. 

     Esta é deportes de montaña, e ten unha ampla cobertura de actividades na natureza, neste caso no entorno dos picos de europa. Faise un desprazamento aos picos de europa, en concreto ao valle de Liébana. Aproveitase o viaxe de ida para visitar Cudillero e Covadonga e xa unha vez no valle comenzan as actividades: escalada, rapel, tirolina, rutas de senderimo, rutas de treking (teleférico de Fuente De), rutas a cabalo e visita a Cabárceno que se fai camiñando todo o día..., e xa de regreso o venres..., parada en Arriondas para facer a metade do descenso do río Sella (8km), tódalas actividades teñen unha gran acollida por parte do alumnado. Neste caso son alumnxs de 2º de Eso. A continuación incluimos fotos da experiencia!!!

   SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!