lunes, 18 de febrero de 2019

PDC ILLA DE TAMBO - RECREOS ACTIVOS

   Esta entrada énchenos de ilusión, xa que este curso temos en marcha os recreos activos, cunha aceptación moi boa.

   Demos a información nas clases de Educación Física e a través das fichas, os alumnos/as fóronse anotando en distintas actividades e distintos espacios. A día de hoxe temos un total de 90 rapaces facendo actividad física nos recreos, de forma voluntaria!!!!!

   Os grupos que temos en marcha son: habilidades ximnásticas, badmintón, floorball e fútbol. Tanto no pavillón, coma no ximnasio. Tódolos días da semana!!!!!!!!

   Eiquí deixamos un reportaxe gráfico do que acontece tódolos recreos no Illa de Tambo.












lunes, 4 de febrero de 2019

PDC ILLA DE TAMBO - BIOLOXÍA

  Ao igual que o curso pasado, temos a sorte de contar coa participación no proxecto deportivo de centro co departamento de bioloxía. A nosa compañeira Patricia levará a cabo un traballo co alumnado de bioloxía de 3º de eso y tamén co de anatomía aplicada de 1º de bacherelato. Nesta entrada damos conta de todo o traballo levado a cabo na primeira avaliación.

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO:
INTRODUCIÓN:
https://seresvivosysumundo.blogspot.com/2018/10/3-eso-proxecto-de-investigacion-i.html
TRABALLOS:
https://seresvivosysumundo.blogspot.com/2019/01/3-eso-proxecto-deportivo-de-centro-2018.html


ANATOMÍA APLICADA 1º BAC:
Introdución:
https://seresvivosysumundo.blogspot.com/2018/10/anatomia-aplicada-1-bac-proyecto.html
TRABALLOS:
https://seresvivosysumundo.blogspot.com/2019/01/1-bac-anatomia-aplicada-proxecto.html

   Moitas gracias polo traballo, esperemos que disfrutedes do mesmo.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!

jueves, 22 de noviembre de 2018

PDC ILLA DE TAMBO - SAVE THE CHILDREN

  Como tiñamos planificado, o pasado martes día 20 de novembro, día dos dereitos do neno, celebramos a carreira save the children. O noso centro liderou a organización da actividade, coa colaboración indispensable do concello e a participación de dous institutos mais. Un total de 400 nenos participaron na iniciativa de kilómetros solidarios.

   Estamos moi contentos de ter levado a cabo esta iniciativa, foi un día de actividade física SAUDABLE E SOLIDARIA!!!!!
  A continuación o reportaxe gráfico...

















lunes, 5 de noviembre de 2018

PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS

 Nesta entrada queremos comunicarvos que xa pasamos a batería dafis aos nosos case 300 alumnos. Todos os de 2º e 4º de eso, así como os de 1º de bacharelato. E un traballo moi laborioso, empezaremos agora a volcar os datos na plataforma para poder xerar todos os informes. Neste traballo implicamos ao alumnado, tanto na paso das probas coma no análise que se fai das mesmas. O obxectivo que buscamos e que reflexionemos sobor do noso estilo de vida, malos hábitos, exerccio físico e alimentación equilibrada. Os tres pilares fundamentais da saúde, e que a través dos informes que analizamos de forma individual, incidimos no seu cumprimento.

     Eiquí vos deixo o enlace a plataforma dafis, para que poidades ver en que consiste todo este traballo...


  https://dafis.xunta.es/es/

 SEMPRE BUSCANDO LEVAR UNHA VIDA SANA!!!!!!!!

jueves, 25 de octubre de 2018

PDC ILLA DE TAMBO - SAVE THE CHILDREN

   Esta entrada do blog é para dar a coñecer a primeira iniciativa do noso proxecto deportivo este curso. Organizamos en colaboración coa concellería de deportes do concello de Marín, a carreira solidaria de Save de Children. Invitamos tamén ao resto dos ies do concello, pola nosa parte participarán nela os alumnos de 2º, 3º e 4º de eso, aproximadamente case 200 alumnos do Illa de Tambo.

   Agradecer dende eiquí o traballo aos meus compañeiros de departamento, Marta Mera e Antonio Novo, así como ao concelleiro de deportes Antonio Traba e a policía local de Marín.

  Deixovos fotos da información da carreira que se celebrará o próximo 20 de Novembro as 12 da mañá.

  Xa faremos unha entrada coas fotos do evento.







SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!

lunes, 15 de octubre de 2018

PDC ILLA DE TAMBO

   Ola a todos!!!

   Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por segundo ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Como xa dixemos o curso pasado a idea é que este teña caracter de continuidade. Que forme parte da vida do centro e así ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable.

   A primeira das iniciativas xa a temos en marcha, nunha próxima entrada daremos conta dela.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!

jueves, 14 de junio de 2018

PDC ILLA DE TAMBO

   Queremos agradecer dende aquí a acollida que tivo este proxecto deportivo de centro, no seu primeiro ano de andadura. Queremos que teña carácter continuista e que se nos poidan seguir unindo profesores que colaboren e traballen con nos en prol dunha vida activa e saudable.

   Graciñas ao equipo directivo do ies por dar tódalas facilidades e os profesores que participaron nel, por todo o seu traballo.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!