martes, 14 de marzo de 2023

PDC ILLA DE TAMBO - RECREOS ACTIVOS - FINAL DA LIGA DE FÚTBOL SALA

    Con esta entrada queremos pechar a competición de fútbol sala. Nunha final apretadísima, que tivo que decidirse na tanda de penaltis, o equipo de "dani o parvo" alzouse coa victoria. Gracias ao compromiso de Roberto e Pablo, alumnos colaboradores na organización do torneo, a festa de clausura tivo un toque especial. Eiquí os deixamos unhas fotos para o recordo deste evento. 

 


SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!!!

jueves, 23 de febrero de 2023

PDC ILLA DE TAMBO - DEPORTES DE INVERNO

 Un ano mais, despois do parón da pandemia, levamos a cabo esta actividade que xa forma parte da vida do centro e do proxecto deportivo do mesmo. Deste xeito 56 alumnxs de 1º de bacherelato disfrutaron da alta montaña este mes de febreiro. Compartimos viaxe con outros dos centros, para abaratar custos, e deste xeito todo o alumnado saia beneficiado.

   A estancia foi dende o día 11 ao día 18, en Andorra, esquiando no dominio de grandvalira. Destacar o bo comportamento do grupo. Así como o seu compromiso co progreso na actividade física en cuestión. Un altísimo porcentaxe de alumnxs alcanzou un moi bo nivel de esquí, e todos comprenderon os principios básicos deste deporte, así como o funcionamento dos remontes e a estación en xeral. Voltamos polo tanto moi satisfeitos e con gañas de traballar xa para a seguinte xeración de alumnxs que poidan disfrutar desta experiencia vital tan gratificante. A destacar tamén que ninguén voltou lesionado, simplemente algún reposo deportivo, por mor de non estar acostumados a actividade física continuada, ou ben algunha doenza que xa levaban por mor das suas actividades deportivas eiquí.
   Agora esperamos o reporte da avaliación da actividade, confiamo en que sexa satifactoria, e tanto alumnxs como pais/nais estén contentos coa organización e desenvolvemento da actividade deportes de inverno.

   Por último nesta entrada, deixamos unhas fotos de recordo da mesma.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!








jueves, 9 de febrero de 2023

PDC ILLA DE TAMBO - COLABORACIÓN INSTALACIÓN DEPORTIVA

   Facemos esta entrada para dar conta dunha colaboración feita coa instalación deportiva BOXOO4, a actividade foi coordinada pola profesora Elena, xa que ela entrena alí. Unha vez contada coa colaboración de Darío que xestiona a instalación. Programamos unha sesión con cada un dos primeiros de bacharelato. Son actividades insterantes porque vivencian un entrenamento distinto, fora da aula, e deste xeito tamén coñecen as instalacións da súa contorna. Levaron a cabo un entrenamiento de iniciación ao croosfit, dirixido por Darío. O alumnado en xeral disfrutou da vivencia, gustoulle a actividade e se cadra, algún ou algunha tivo algo de maniotas... Poñemos a continuación o reportaxe gráfico dos tres grupos que participaron na actividade!!

E SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!

martes, 31 de enero de 2023

PDC ILLA DE TAMBO - CARREIRA SOLIDARIA - DÍA DA PAZ - SAVE THE CHILDREN - 30 DE XANEIRO

 E chegou o día!!!, e  por terceiro ano participamos na carreira solidaria de save the children. Fixémolo para fomentar a solidaridade do noso alumnado a través do exercicio físico. Como dí un dos obxectivos do proxecto deportivo de centro, avanzar na educaicón integral do noso alumnado. Pois en iso estamos!!!!!!, e así disfrutamos dunha mañá marivillosa, na envidiable contorna do concello de Marín. Saímos as 9:30 do noso instituto, con 4 grados, pero sabíamos que a predicción era boa, e así foi!!, camiñamos ata a prais de Aguete, fixemos fotos polo camiño, e unha no destino. Despois todo alumnado disfrutou dos seus xogos na praia de Mogor, e volta ao instituto.

 O alumnado participante foi o de 1º de eso, un total de 60 partiparon na andaina solidaria, cada un co seu dorsal e entregando o carnet solidario coa súa doazón para axudar a ong. Faremos un cheque co valor total e enviarémolo a save the children para así poder axudalos. 

Disfrutamos do exercicio físico nunha contorna maravillosa da ría de Pontevedra.

Aquí a reportaxe gráfica:


























    E SEN MAÍS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!