viernes, 8 de abril de 2022

PDC ILLA DE TAMBO - ATLETISMO

    Nesta entrada imos dar conta dunha nova actividade do noso proxecto deportivo de centro. Unha xornada de atletismo, nas instalacións deportivas municipais da Raña. Este traballo foi levado a cabo coa colaboración de Víctor Riobó, laureado atleta desta vila, e que cursou os seus estudios no noso instituto. Un placer poder contar con él, o seu compromiso en prol de educar nunha vida sana e activa é indudable. Tentaremos repetir esta iniciativa tódolos anos. 

    A actividade consistiu nunha caminata dende o instituto a instalación deportiva. Charla a cargo de Victor Riobó. Sesión práctica a cargo de tres monitores, o propio Víctor e os dous profesores de educación física do ies, que consistiu en ir rotando en grupos, polas seguintes estacións: 60 metros, 500 metros, lanzamento de vortex (xabalina), lanzamento de peso e salto de lonxitude. En cada estación recibiron as explicacións técnicas pertinentes e fixeron o traballo práctico. Tras pasar os 121 alumnxs que participaron na actividade por tódalas estacións, fixemos unha parada para merendar, e fixemos unha competición cos voluntarios que quixeron, incluíndo unha proba de relevos de 4x60 a tódalas probas anteriores. Ao terminar a xornada de atletismo, voltamos camiñando ao instituto.

   Un éxito de xornada, que tentaremos repetir, co alumnado de 1º e 2º de eso o curso que ven.

   Dende o departamento de educación física queremos dar a gracias a Víctor, ao equipo directivo e ao concello de Marín, por facer posible esta actividade.

   Agora unhas imaxes que reflexan a actividade levada a cabo.

   











   SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

miércoles, 9 de marzo de 2022

PDC ILLA DE TAMBO - PRIMEIROS AUXILIOS

    Na programación de educación física temos unha u.u.d.d. de primeiros auxilios que se traballa de forma progresiva dende primeiro de eso. Este curso, unha das alumnas do grao en ciencias da actividad fisíca e deporte, está a facer a suas prácticas con nós. E así mesmo, o seu traballo de fin de grado, fai un estudio sobre a transferencia do aprendizaxe a hora de realizar unha reanimación cardiopulmonar sobre os maniquís, ou sobre uns preparados con material reciclable. Os grupos escollidos para levar a cabo este estudio foron 1º e 2º de eso. Eiquí deixamos unhas imaxes das sesións levadas a cabo. 













   O noso alumnado afondou mais na aprendizaxe de primiros auxilios, e nosa exalumna, agora alumna de prácticas, fixo as sesións para o seu traballo de fin de grado.

   SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!


domingo, 26 de diciembre de 2021

PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS

  Un ano mais solicitamos o caixón de dafis para facer o estudo de datos de actividade física saudable ao noso alumnado. E o sexto curso consecutivo en que o facemos no Illa de Tambo, e o quinto dentro do proxecto deportivo de centro. Esta plataforma axúdanos a ter unha idea clara do perfil do alumnado, facendo unha tutoría individual con cada un para ter en conta os datos do informe de cara a avaliación da asignatura e o mais importante de cara a unha autoavaliación do propio alumnado. E deste xeito avanzar no logro das suas competencias sociais e cívicas, así como nas suas competencias motrices. Por outra banda isto tamén axuda a que a secretaría xeral para o deporte poida ter uns datos macro do alumnado galego.

   Pasamos as probas a 208 alumnos dos cursos de segundo de eso e de primeiro de bacharelato.

   Este é o link da plataforma utilizada para este traballo. https://dafis.xunta.es/es/

   Ata a próxima entrada..., e mentres...

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!

jueves, 25 de noviembre de 2021

25 DE NOVIEMBRE - CARRERA SOLIDARIA - SAVE THE CHILDREN - PDC ILLA DE TAMBO

  E chegou o día!!!, e  por segundo ano participamos na carreira solidaria de save the children. Fixémolo para fomentar a solidaridade do noso alumnado a través do exercicio físico. Como dí un dos obxectivos do proxecto deportivo de centro, avanzar na educaicón integral do noso alumnado. Pois en iso estamos!!!!!!, e así disfrutamos dunha mañá marivillosa, na envidiable contorna do concello de Marín. Saímos as 9:30 do noso instituto, con 10 grados e un pouco de orballo, pero sabíamos que a predicción era boa, e así foi!!, camiñamos ata o porto de Aguete, fixemos fotos polo camiño, e unha no destino. Despois todo alumnado disfrutou dos seus xogos nese magnífico areal, e volta ao instituto.

     Moitas grazas pola colaboración dos profesorxs que forman parte do proxecto deportivo de centro, e a secretaria do noso ies, que se nos uniu para suplir unha baixa.  O alumnado participante foi o de 1º e 2º de eso, un total de 123 partiparon na andaina solidaria, cada un co seu dorsal e entregando o carnet solidario coa súa doazón para axudar as nenas do corno de Áfirca, que en tan malas condicións viven. Faremos un cheque co valor total e enviarémolo a save the children para así poder axudalas. 

Disfrutamos do exercicio físico nunha contorna maravillosa da ría de Pontevedra.

Aquí a reportaxe gráfica:
















    SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!

viernes, 12 de noviembre de 2021

25 DE NOVIEMBRE - CARRERA SOLIDARIA - SAVE THE CHILDREN - PDC ILLA DE TAMBO

      É moi grato comunicar a través desta entrada a participación por segundo ano na carreira solidaria de save the children. Facémolo para fomentar a solidaridade do noso alumnado a través do exercicio físico. Como dí un dos obxectivos do proxecto deportivo de centro, avanzar na educaicón integral do noso alumnado. Pois en iso estamos!!!!!!

     O próximo día 25 de novembro coa colaboración dos seis profesores que formamos parte do proxecto deportivo de centro, levaremos a cabo esta carreira solidaria. Farémola co alumnado de 1º e 2º de eso. A parte solidaria será unha recollida voluntaria de cartos no centro para enviarllos a save the children e así poder axudar a nenas desfavorecidas nunha poboación africana. A parte deportiva, iremos  dende o instituto ata Aguete, ida e volta, combinando carreira con andaina. Disfrutaremos do exercicio físico nunha contorna maravillosa da ría de Pontevedra.

    SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!

martes, 2 de noviembre de 2021

CHARLAS TEÓRICO PRÁCTICAS DE RUGBY - PDC ILLA DE TAMBO

     Rugby no Ies Illa de Tambo, o departamento de Educación Física organizou unha actividade conxunta co Pontevedra Rugby Club para dar a coñecer este deporte e tódolos seus enormes valores. Ao longo de toda a seman pasada celebráronse estas sesións co alumnado de 3º e 4º de eso. Todos quedamos maravillados con este extraordinario deporte.

     Eiquí deixamos unhas imaxes que dan conta desta sesións:












SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!


viernes, 29 de octubre de 2021

RECREOS ACTIVOS - PDC ILLA DE TAMBO

Esta entrada énchenos de ledicia, xa que é unha das nosas líneas de actuación estrela. Este ano ao noso ies voltaron os RECRESO ACTIVOS!!, moi demandados polo alumnado, e que do mesmo xeito, ao ter o ximnasio e o pabillón aberto para actividades deportivas, desconxestiona o patio e os pasillos do noso centro. Actualmente temos en marcha unha competición de voleibol con 10 equipos mixtos cun total de 70 alumnxs inscritos, e tamén tres grupos de fútbol, outros tres de voleibol, un de habilidades ximnásticas e outro de badmintón, cun total de 92 alumnxs anotados. Esto fai un total de 162 alumnxs vinculados de forma voluntaria a actividade física, a través dos nosos recreos activos!!!!!!!!! Aquí deixamos unhas fotos que dan conta dos mesmos.

SAÚDE E VIDA ACTIVA PARA ESTES TRES DÍAS!!! VÉMONOS O MARTES!!!!!!!