jueves, 22 de noviembre de 2018

PDC ILLA DE TAMBO - SAVE THE CHILDREN

  Como tiñamos planificado, o pasado martes día 20 de novembro, día dos dereitos do neno, celebramos a carreira save the children. O noso centro liderou a organización da actividade, coa colaboración indispensable do concello e a participación de dous institutos mais. Un total de 400 nenos participaron na iniciativa de kilómetros solidarios.

   Estamos moi contentos de ter levado a cabo esta iniciativa, foi un día de actividade física SAUDABLE E SOLIDARIA!!!!!
  A continuación o reportaxe gráfico...

















lunes, 5 de noviembre de 2018

PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS

 Nesta entrada queremos comunicarvos que xa pasamos a batería dafis aos nosos case 300 alumnos. Todos os de 2º e 4º de eso, así como os de 1º de bacharelato. E un traballo moi laborioso, empezaremos agora a volcar os datos na plataforma para poder xerar todos os informes. Neste traballo implicamos ao alumnado, tanto na paso das probas coma no análise que se fai das mesmas. O obxectivo que buscamos e que reflexionemos sobor do noso estilo de vida, malos hábitos, exerccio físico e alimentación equilibrada. Os tres pilares fundamentais da saúde, e que a través dos informes que analizamos de forma individual, incidimos no seu cumprimento.

     Eiquí vos deixo o enlace a plataforma dafis, para que poidades ver en que consiste todo este traballo...


  https://dafis.xunta.es/es/

 SEMPRE BUSCANDO LEVAR UNHA VIDA SANA!!!!!!!!

jueves, 25 de octubre de 2018

PDC ILLA DE TAMBO - SAVE THE CHILDREN

   Esta entrada do blog é para dar a coñecer a primeira iniciativa do noso proxecto deportivo este curso. Organizamos en colaboración coa concellería de deportes do concello de Marín, a carreira solidaria de Save de Children. Invitamos tamén ao resto dos ies do concello, pola nosa parte participarán nela os alumnos de 2º, 3º e 4º de eso, aproximadamente case 200 alumnos do Illa de Tambo.

   Agradecer dende eiquí o traballo aos meus compañeiros de departamento, Marta Mera e Antonio Novo, así como ao concelleiro de deportes Antonio Traba e a policía local de Marín.

  Deixovos fotos da información da carreira que se celebrará o próximo 20 de Novembro as 12 da mañá.

  Xa faremos unha entrada coas fotos do evento.







SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!

lunes, 15 de octubre de 2018

PDC ILLA DE TAMBO

   Ola a todos!!!

   Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por segundo ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Como xa dixemos o curso pasado a idea é que este teña caracter de continuidade. Que forme parte da vida do centro e así ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable.

   A primeira das iniciativas xa a temos en marcha, nunha próxima entrada daremos conta dela.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!

jueves, 14 de junio de 2018

PDC ILLA DE TAMBO

   Queremos agradecer dende aquí a acollida que tivo este proxecto deportivo de centro, no seu primeiro ano de andadura. Queremos que teña carácter continuista e que se nos poidan seguir unindo profesores que colaboren e traballen con nos en prol dunha vida activa e saudable.

   Graciñas ao equipo directivo do ies por dar tódalas facilidades e os profesores que participaron nel, por todo o seu traballo.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!

PDC ILLA DE TAMBO - BIOLOXÍA



 Esta é a última entrada que facemos cos traballos de bioloxía, moitísimas gracias por tódalas aportacións e o traballo de todo o curso.

  Na 3º avaliación o tema foi “HIGIENE POSTURAL. LESIONES MUSCULARES, ÓSEAS Y ARTICULARES”. Este é o enlace:


  Temos aprendido moito con todos os vosos traballos.