martes, 27 de febrero de 2018

PDC ILLA DE TAMBO - ACTIVIDADE DIDÁCTICA - DEPORTES DE INVERNO

 Xa estamos de volta por segundo ano da semana en Andorra...

 Este curso xa temos a actividade dentro do noso proxecto deportivo, para implementar un aumento das horas de actividade física dos nosos alumnos.   

  Estamos moi satisfeitos no departamento de Educación Física co traballo desenvolvido polos 33 escolares que participaron este curso na actividade. Polo que poñen nos cuestionarios anónimos cubertos ao regreso comprenderon a perfección o funcionamento dunha estación de montaña. O uso dos distintos tipos de remontes, así como os principios básicos do esquí alpino. Tivemos unha semana con boas condicións climatolóxicas, cunha nevadiña ao principio da mesma, que fixo que o estado da neve fose moi bo. Inda que sí foi unha semana bastante fría. 

   Encantados da experiencia, e dispostos a seguir traballando para que se repitan...,

   SEMPRE SAÚDE!!!, SEMPRE EXERCICIO FÍSICO!!!







jueves, 22 de febrero de 2018

PDC ILLA DE TAMBO - INGLÉS

   Presentamos nesta entrada o traballo realizado pola profesora de inglés, en prol dunha vida activa e saudable.

   Some students  of 1st year “Bacharelato” have been working  a few notions about nutrition and healthy diet habits.Here you have the powerpoint shown in the classroom so that you can check it and learn the basic vocabulary about the topic.

   Los alumnos de 1ºde Bachillerato hemos estado trabajando nociones sobre nutrición y hábitos dietéticos saludables.Aquí os dejamos el powerpoint visualizado en el aula  para que podáis consultarlo y aprender el vocabulario básico relacionado con el tema.

   https://www.edu.xunta.gal/centros/iesillatambo/aulavirtual2/

  https://issuu.com/felipebuceta/docs/healthy_diet_habitas.pptx

  Traballando para a mellora dos nosos hábitos. VIDA ACTIVA E BOA ALIMENTACIÓN!!

   SAÚDOS!!
  
    

jueves, 23 de noviembre de 2017

PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS

      Nesta entrada queremos comunicarvos que xa pasamos a batería dafis aos nosos case 300 alumnos. E un traballo moi laborioso, agora mesmo estamos a volcar os datos na plataforma para poder xerar todos os informes. Neste traballo implicamos ao alumnado, tanto na paso das probas coma no análise que se fai das mesmas. O obxectivo que buscamos e que reflexionemos sobor do noso estilo de vida, malos hábitos, exerccio físico e alimentación equilibrada. Os tres pilares fundamentais da saúde, e que a través dos informes que analizamos de forma individual, incidimos no seu cumprimento.

     Eiquí vos deixo o enlace a plataforma dafis, para que poidades ver en que consiste todo este traballo...


  https://dafis.xunta.es/es/

 SEMPRE BUSCANDO LEVAR UNHA VIDA SANA!!!!!!!!

    

jueves, 2 de noviembre de 2017

PDC ILLA DE TAMBO - BIOLOXÍA

   Dende o departamento de bioloxía xa están a traballar en prol dunha vida mais saudable para os nosos alumnos, e fanno en dous niveis e dende duas materias distintas. Bioloxía e Xeoloxía en 3º de Eso e Anatomia aplicada en 1º de bacherelato.

   Aquí vos deixo as dúas entradas ao blog da profesora encargada das actividades para que poidades seguir o seu traballo.

   http://seresvivosysumundo.blogspot.com.es/2017/10/3-eso-proxecto-deportivo-de-centro.html

   http://seresvivosysumundo.blogspot.com.es/2017/10/proxecto-deportivo-de-centro-ies-illa.html

   SAÚDOS E VIDA ACTIVA!!!!!!!!

viernes, 27 de octubre de 2017

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO IES ILLA DE TAMBO

   Dende esta entrada queremos reactivar este blog que estivo inactivo o curso pasado. O motivo foi o cambio de destino do profesor por concurso de traslados. Unha vez "aterrizado" no IES ILLA DE TAMBO..., este curso xa nos poñemos en marcha co proxecto deportivo de centro.

   Durante cinco cursos o levamos a cabo no cpi de pontecesures, aportando moito ao traballo que se fai na area de Edcucación Física, na sua parte progresiva de condición física e saúde. Deste xeito, queremos tentar levar a cabo o mesmo traballo aquí en Marín. Comenzamos este curso 2017-2018 este traballo co fín de aumentar a calidade de vida do noso alumnado, a través dunha vida activa e saudable. Facendo múltiples actividades de promoción da vida saudable, incidindo no exercicio físico e na alimentación.

   Arrancamos coa participación de catro profesores, das areas de Educación Física, Inglés, Bioloxía e Física e Química. Coordinará todo o proxecto o xefe do departamento de Educación Física.

   Aproveitamos esta primeira entrada no blog para saudar a toda a comunidade educativa do Ies Illa de Tambo e invitala a participar con nos neste porxecto e disfrutar xuntos de este estilo de vida.

   SAUDOS!!!, E BOA FIN DE SEMANA!!! ACTIVA

martes, 28 de junio de 2016

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - ACTIVIDADE NÁUTICA VELA



   Este curso conseguimos sacar adiante unha actividade náutica mais, que foi a de vela para os alumnos de 4º de ESO. Disfrutando do seu fin de curso e de etapa, navegando polas rías baixas e aprendendo a amar e respectar o noso entorno natural.  Esta actividade formaba parte da programación, e foi todo un éxito!!!

   Non so disfrutaron se non que aprenderon moito dos principios básicos da navegación a vela, organización da intendencia para os dous días, problemas de navegación sobre a propia carta, ruta de senderismo pola illa de Ons...

   Toda unha experiencia para os nosos alumnos. Confiemos en que deste xeito teñamos rematado o traballo para que no futuro... LEVEDES UNHA VIDA SANA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!



ENTREGA PREMIO ALUMNO INTEGRAL

   Por terceiro ano e como xa demos conta en entradas anteriores levamos acabo outra edición deste premio. Aquí vos deixamos a foto da entrega do mesmo.


MOITAS FELICIDADES AOS PREMIADOS!!!, E BOAS VACACIONS!!!

    ESO SI!!!, SEMPRE CON VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!