miércoles, 9 de marzo de 2016

RECREOS ACTIVOS - CRÓNICA DA CHAMPIONS DE CESURES

   Dentro do proxecto deportivo de centro, unha das liñas de actuación que temos son os recreos activos. A través dos delegados deportivos de cada grupo, organizamos préstamos de material deportivo, uso de espacios e tamén competicións deportivas mixtas. A crónica que a continuación colgamos no blog corresponde a competición de fútbol sala levada a cabo nos recreos dos martes dende o principio de curso e que ven de rematar. Colaborador indispensable para o desenvolvemento da mesma estes anos, Víctor Gesto, profesor de adscrito ao departamento de CCSS X e H. Dende eiquí o agradecemento ao seu traballo.

   Sen mais, aquí está a crónica, feita por vos mesmos!!, que a disfrutedes!!!!!



Como todos os anos, no primeiro trimestre comezou a Champion´s League do CPI Pontecesures.  Esta vez Messi e Ronaldo non puideron participar, pero tiveron dignos sustitutos nos alumnos da ESO.
No campeonato de inverno, nestes momentos están empatados os equipos de 3º e 4º da ESO nos primeiros postos. É de destacar tamén o bo papel que fixeron os alumnos de 2º e 1º da ESO. Estes últimos, con moito entrenamento xa en Primaria, ofrecéronos momentos de gran emoción nos seus partidos contra os grandes.
Na competición participaron uns 35 alumnos en total. O campeonato celebrouse no pabellón. Algúns días o chan non estaba en óptimas condicións pola humedade no ambiente, e resbalábase con moita facilidade.
Todos os partidos foron moi emocionantes, pero entre os que máis están os xogados entre 3º e 4º con empate; 1º contra 2º, con victoria dos primeiros; e tamén un dos partidos celebrados entre 1º e 4º, no que chegaron a finais do primeiro tempo empatados logrando a victoria no segundo tempo, despois dunha dura pelexa, os maiores. 
Houbo unha gran colaboración por parte dos rapaces na organización e arbitraxe dos partidos, así como de alumnas de 3º e 4º na elaboración das crónicas semanais de cada partido.
Hai que resaltar a deportividade que tiveron os xogadores ao longo de todos os partidos: non houbo que expulsar a ningún xogador (non como Pepe, que debería tomar nota).
Entre os goleadores do campeonato podemos destacar a Álex, Santi, Manuel, Iván, Jose, Manuel Jr., Sunnyi, Íker, e entre os porteiros a Álvaro e Fabio.
Agradecemos a gran asistencia a esta competición. En todos os partidos houbo moito público que animou con enerxía aos equipos das súas clases. Este ano tamén cabe destacar o exquisito comportamento dos aficionados xa que en ningún momento tivo que intervir a autoridade.
Noraboa a todas e todos!

jueves, 25 de febrero de 2016

INFORMES DE DAFIS

   Dentro do noso proxecto deportivo de centro unha das importantes liñas de actuación e pasar a plataforma de datos de actividade física saudable. Este é o cuarto curso co proxecto deportivo en marcha e o terceiro que pasamos a plataforma. Estes datos axudan moito a visualizar o estilo de vida que levan os nosos alumnos, xa que o feito de alimentarse ben, facer exercicio físico e non ter malos hábitos, repercute na mellora destes datos e a que se vexan mellor con respecto a mediana de galicia.

   Nesta liña de traballo este curso entregamos dous informes impresos en cor para os dezanove alumnos de cuarto que rematan a súa escolarización no centro. Deste xeito levan un bonito recordo do seu traballo e confiémos en que isto os anime a seguir polo camiño de levar unha VIDA SANA!!!!!

   Eiquí vos deixamos o enlace da plataforma dendo onde facemos todo o traballo.

   https://dafis.xunta.es/es/

   SAÚDOS E SEMPRE VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!

martes, 16 de febrero de 2016

MAIS VIDEOS ANDORRA 2016


ACTIVIDADE DIDÁCTICA - DEPORTES DE INVERNO 2016

   Xa estamos de volta un ano mais da semana en Andorra...

   Estamos moi satisfeitos no departamento de Educación Física co traballo desenvolvido polos 41 escolares que participaron este curso na actividade. Polo que poñen nos cuestionarios anónimos cubertos ao regreso comprenderon a perfección o funcionamento dunha estación de montaña. O uso dos distintos tipos de remontes, así como os principios básicos do esquí alpino. Tivemos unha semana con boas condicións climatolóxicas, cunha nevadiña a metade da mesma, que fixo que o estado da neve fose moi bo. Ningún alumno regresou lesionado o cal tamén fainos sentir mais alividiados.

   Encantados da experiencia, e dispostos a seguir traballando para que se repitan...,

   SEMPRE SAÚDE!!!, SEMPRE EXERCICIO FÍSICO!!!



 










viernes, 29 de enero de 2016

ACTIVIDADE DIDÁCTICA DEPORTES DE INVERNO - ESQUÍ

   Un ano mais unha das actividades do noso proxecto deportivo de centro lévase a cabo. Mañá Sábado 31 de Xaneiro sairemos 43 alumnos e mailos profesores rumbo a Andorra. Actividade compartida dende hai cinco anos co CPI de Barrantes. Ámbolos dous centro cun traballo cheo de boas sinerxias facemos que os escolares que están rematando a ESO teñan a oportunidade de coñecer e vivenciar os deportes de inverno. E saber o que é a vida durante unha semana na alta montaña.

   Sen mais vos emprazamos a volta, onde colgaremos fotos da actividade e a memoria de power point que os propios alumnos elaboran..., coa música cañera que mais lle gusta!!!!!!

    ALA IMOS!!!!!!!!!!!

miércoles, 16 de diciembre de 2015

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - PRIMEIRO TRIMESTRE

   Bueno rapaces, chegados a este momento, e coas vacacións de nadal a volta da esquina, imos recapitular...


    Puxemos o proxecto deportivo en marcha, por cuarto ano consecutivo. E dentro das actuacións xa desenvolvidas están:
    - Nomeamento dos delegados deportivos de cada grupo. Reunión de traballo con eles e acordos de organización de espacios e préstamo de material de cara aos tempos de lecer.
    - Posta en marcha da competición mixta de fútbol sala. Champion Cesures. Estase a celebrar no pavillón nos dous recreos dos Martes.
    - Sesións de actividades na natureza no río Ulla. Actividade náutica - piragüismo. Dúas sesións no mes de Outubro, para primeiro e segundo de ESO.
     - Xa está en marcha tamén a actividade didáctica deportes de inverno - esquí. Farémola como estes últimos anos en colaboración co CPI de Barrantes. O día 30 de Xaneiro iniciaremos viaxe cara a Andorra...
    - Por terceiro curso consecutivo pasamos a plataforma DAFIS, este curso os alumnos de cuarto de ESO, que xa se van do centro, levarán impreso o seu informe individual co seu global, e histórico de datos. Están moi satisfeitos e ilusionados con este traballo. Ao resto do alumnado, coma sempre, lle fixemos unha titoría individual para analizar os seus datos e traballar sobor dos tres pilares da súa condición física. A saber: dieta equilibrada, exercicio físico e evitar os malos hábitos. Este traballo vertebra a programación de toda a asignatura, e así mesmo de todo o proxecto deportivo de centro.
     - Por último estamos a reelaborar o mapa deportivo de centro coas novas actividades incorporadas ao catálogo xa existente. De cara o segundo trimestre repartiremos de novo o díptico informativo con mapa deportivo ao alumnado sedentario ou pouco activo do centro.



  RECORDADE!!!, NO NADAL!!!, ALGO DE FESTA!!!, PERO VIDA SANA!!!

  AQUÍ TEDES UNHA BOA OPORTUNIDADE NO POBO PARA PARTICIPAR NUN EVENTO DEPORTIVO MOI RECOMENDABLE!!!!!!!




http://www.pontecesures.org/recursos/cartel_carreira_XVI_2015_PONTECESURESweb(4).jpg


 FELICES FESTAS!!!!!!

 ATA O 2016!!!!!

jueves, 5 de noviembre de 2015

PDC - ACTIVIDADE NÁUTICA - PIRAGÜISMO - OCT 15

   Ola a todos!!!, co outono xa entrado e despois de ter disfrutado de mais dun mes de clases de Educación Física. Espero que todos estemos a facer unha vida sana!!!. BOA ALIMENTACIÓN, EXERCICIO FÍSICO E NADA DE MALOS HÁBITOS!!!

   Aquí unha mostra de vida sana e exercicio físico na natureza dos compañeiros de 1º e 2º de ESO. Tivemos sorte e a climatoloxía acompañou...

   Recordade que na primaveira teremos outras duas sesións no río Ulla desta enriquecedora unidade didáctica.

   Gracias ao clube náutico de Pontecesures por formar parte do noso proxecto deportivo de centro e por seguir colaborando con nos en prol duns hábitos de vida mais saudables para tódolos rapaces.