lunes, 13 de junio de 2022

PDC ILLA DE TAMBO - ROTEIRO MONTE E MAR 4º DE ESO

 Ola a todxs!!!, o pasado xoves 8 de xuño os protagonistas do roteiro monte e mar foi o alumnado de cuarto de eso. Eiquí deixamos fotos da gran mañá que pasamos, percorrendo parte do concello de Marín. Os próximos en participar será o alumnado de 1 de bach., faranno o venres día 17 de xuño.










   SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!


martes, 24 de mayo de 2022

PDC ILLA DE TAMBO - ROTEIRO MONTE E MAR 3º DE ESO

  Ola a todxs!!!, o pasado xoves 19 de maio os protagonistas do roteiro monte e mar foi o alumnado de terceiro de eso. Eiquí deixamos fotos da gran mañá que pasamos, percorrendo parte do concello de Marín. Os próximos en participar será o alumnado de 4 de eso, faranno o martes día 31 de maio.



















     SEN MAIS, ATA A PRÓXIMA ENTRADA, 
SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!


miércoles, 18 de mayo de 2022

PDC ILLA DE TAMBO - ROEIRO MONTE E MAR - 2º DE ESO

  Ola a todxs!!!, o pasado xoves 12 de maio os protagonistas do roteiro monte e mar foi o alumnado de segundo de eso. Eiquí deixamos fotos da gran mañá que pasamos, percorrendo parte do concello de Marín.











   ATA A PRÓXIMA RUTA, QUE SI TODO VAI BEN, SERÁ MAÑÁ XOVES DÍA 19 CO ALUMNADO DE TERCEIRO DE ESO.


     SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!

jueves, 5 de mayo de 2022

PDC ILLA DE TAMBO - ROTEIRO MONTE E MAR - 1º DE ESO

  OLA  A TODOS!!!!!

    Xa que este curso por mor do covid, por segundo ano consecutivo,  tivemos que suspender varias actividades do proxecto deportivo de centro; a actividade deportes de inverno e tamén a de deportes de montaña. Decidimos ampliar a posta en marcha deste fermoso roteiro. Sempre o levábamos a cabo con 3 de eso, en colaboración con normalización lingüística. Este curso, implicándose todo o departamento de educación física, normalización lingüística, vicedirección e o departamento de orientación ampliamos o roteiro a tódolos niveis do instituto, salvo 2 de bacharelato. A vicedirección do centro axudou na organización e posta en marcha...E O PASADO MARTES, comenzamos con 1 de eso. Cada semana, tentaremos levar a un nivel, ata completar os cinco.

     Este roteiro comeza e remata no instituto. Saímos cara o monte, subindo a penizas, disfrutamos do castro da Subidá, pasamos polo mirador dos catro ventos, e baixamos a Mogor para contemplar os petroglifos, xa o nivel do mar disfrutamos do descanso na praia, e voltamos ao instituto xa pegados ao mar ata o centro de Marín,

     Eiquí quedan unhas instantáneas dunha mañá de ACTIVIDADE FÍSICA E FORMACIÓN!!!










       

     SEN MAIS, A POLA SEGUINTE!!!

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!

viernes, 8 de abril de 2022

PDC ILLA DE TAMBO - ATLETISMO

    Nesta entrada imos dar conta dunha nova actividade do noso proxecto deportivo de centro. Unha xornada de atletismo, nas instalacións deportivas municipais da Raña. Este traballo foi levado a cabo coa colaboración de Víctor Riobó, laureado atleta desta vila, e que cursou os seus estudios no noso instituto. Un placer poder contar con él, o seu compromiso en prol de educar nunha vida sana e activa é indudable. Tentaremos repetir esta iniciativa tódolos anos. 

    A actividade consistiu nunha caminata dende o instituto a instalación deportiva. Charla a cargo de Victor Riobó. Sesión práctica a cargo de tres monitores, o propio Víctor e os dous profesores de educación física do ies, que consistiu en ir rotando en grupos, polas seguintes estacións: 60 metros, 500 metros, lanzamento de vortex (xabalina), lanzamento de peso e salto de lonxitude. En cada estación recibiron as explicacións técnicas pertinentes e fixeron o traballo práctico. Tras pasar os 121 alumnxs que participaron na actividade por tódalas estacións, fixemos unha parada para merendar, e fixemos unha competición cos voluntarios que quixeron, incluíndo unha proba de relevos de 4x60 a tódalas probas anteriores. Ao terminar a xornada de atletismo, voltamos camiñando ao instituto.

   Un éxito de xornada, que tentaremos repetir, co alumnado de 1º e 2º de eso o curso que ven.

   Dende o departamento de educación física queremos dar a gracias a Víctor, ao equipo directivo e ao concello de Marín, por facer posible esta actividade.

   Agora unhas imaxes que reflexan a actividade levada a cabo.

   











   SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!