lunes, 18 de marzo de 2019

PDC ILLA DE TAMBO - DEPORTES DE INVERNO

   Por terceiro ano consecutivo, e segundo formando parte do proxecto deportivo de centro, levamos a cabo a viaxe a Andorra. Incluída a tódolos efectos como actividade didáctica do departamento de Educación Física, e formando parte deste proxecto deportivo.

  Un éxito de participación, un total de 50 alumnos do Illa de Tambo fixeron 30 horas de actividade física ao longo desta semana de estancia nunha estación de alta montaña.

  SEMPRE TRABALLANDO EN PROL DE MELLORAR A CANTIDADE E A CALIDADE DE ACTIVIDAD FÍSICA DO NOSO ALUMNADO!!!

  Eiquí deixamos unha pequena mostra do acontecido estes días...




lunes, 18 de febrero de 2019

PDC ILLA DE TAMBO - RECREOS ACTIVOS

   Esta entrada énchenos de ilusión, xa que este curso temos en marcha os recreos activos, cunha aceptación moi boa.

   Demos a información nas clases de Educación Física e a través das fichas, os alumnos/as fóronse anotando en distintas actividades e distintos espacios. A día de hoxe temos un total de 90 rapaces facendo actividad física nos recreos, de forma voluntaria!!!!!

   Os grupos que temos en marcha son: habilidades ximnásticas, badmintón, floorball e fútbol. Tanto no pavillón, coma no ximnasio. Tódolos días da semana!!!!!!!!

   Eiquí deixamos un reportaxe gráfico do que acontece tódolos recreos no Illa de Tambo.












lunes, 4 de febrero de 2019

PDC ILLA DE TAMBO - BIOLOXÍA

  Ao igual que o curso pasado, temos a sorte de contar coa participación no proxecto deportivo de centro co departamento de bioloxía. A nosa compañeira Patricia levará a cabo un traballo co alumnado de bioloxía de 3º de eso y tamén co de anatomía aplicada de 1º de bacherelato. Nesta entrada damos conta de todo o traballo levado a cabo na primeira avaliación.

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO:
INTRODUCIÓN:
https://seresvivosysumundo.blogspot.com/2018/10/3-eso-proxecto-de-investigacion-i.html
TRABALLOS:
https://seresvivosysumundo.blogspot.com/2019/01/3-eso-proxecto-deportivo-de-centro-2018.html


ANATOMÍA APLICADA 1º BAC:
Introdución:
https://seresvivosysumundo.blogspot.com/2018/10/anatomia-aplicada-1-bac-proyecto.html
TRABALLOS:
https://seresvivosysumundo.blogspot.com/2019/01/1-bac-anatomia-aplicada-proxecto.html

   Moitas gracias polo traballo, esperemos que disfrutedes do mesmo.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!

jueves, 22 de noviembre de 2018

PDC ILLA DE TAMBO - SAVE THE CHILDREN

  Como tiñamos planificado, o pasado martes día 20 de novembro, día dos dereitos do neno, celebramos a carreira save the children. O noso centro liderou a organización da actividade, coa colaboración indispensable do concello e a participación de dous institutos mais. Un total de 400 nenos participaron na iniciativa de kilómetros solidarios.

   Estamos moi contentos de ter levado a cabo esta iniciativa, foi un día de actividade física SAUDABLE E SOLIDARIA!!!!!
  A continuación o reportaxe gráfico...

















lunes, 5 de noviembre de 2018

PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS

 Nesta entrada queremos comunicarvos que xa pasamos a batería dafis aos nosos case 300 alumnos. Todos os de 2º e 4º de eso, así como os de 1º de bacharelato. E un traballo moi laborioso, empezaremos agora a volcar os datos na plataforma para poder xerar todos os informes. Neste traballo implicamos ao alumnado, tanto na paso das probas coma no análise que se fai das mesmas. O obxectivo que buscamos e que reflexionemos sobor do noso estilo de vida, malos hábitos, exerccio físico e alimentación equilibrada. Os tres pilares fundamentais da saúde, e que a través dos informes que analizamos de forma individual, incidimos no seu cumprimento.

     Eiquí vos deixo o enlace a plataforma dafis, para que poidades ver en que consiste todo este traballo...


  https://dafis.xunta.es/es/

 SEMPRE BUSCANDO LEVAR UNHA VIDA SANA!!!!!!!!

jueves, 25 de octubre de 2018

PDC ILLA DE TAMBO - SAVE THE CHILDREN

   Esta entrada do blog é para dar a coñecer a primeira iniciativa do noso proxecto deportivo este curso. Organizamos en colaboración coa concellería de deportes do concello de Marín, a carreira solidaria de Save de Children. Invitamos tamén ao resto dos ies do concello, pola nosa parte participarán nela os alumnos de 2º, 3º e 4º de eso, aproximadamente case 200 alumnos do Illa de Tambo.

   Agradecer dende eiquí o traballo aos meus compañeiros de departamento, Marta Mera e Antonio Novo, así como ao concelleiro de deportes Antonio Traba e a policía local de Marín.

  Deixovos fotos da información da carreira que se celebrará o próximo 20 de Novembro as 12 da mañá.

  Xa faremos unha entrada coas fotos do evento.







SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!

lunes, 15 de octubre de 2018

PDC ILLA DE TAMBO

   Ola a todos!!!

   Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por segundo ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Como xa dixemos o curso pasado a idea é que este teña caracter de continuidade. Que forme parte da vida do centro e así ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable.

   A primeira das iniciativas xa a temos en marcha, nunha próxima entrada daremos conta dela.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!