jueves, 26 de mayo de 2016

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - ACTIVIDADE DIDÁCTICA DEPORTES DE INVERNO - ESQUÍ 2016

   Unha nova entrada sobre esta actividade, porque sabemos que vos gusta disfrutar da vosa canción da neve 2016, tamén no blog. E como a través de slideshare non a escoitades. Eiquí a tedes con animoto!!

   Disfrutade dun bo rato, e duns bos recordos!!!

   SEMPRE ACTIVIDADE FÍSICA NA NATUREZA!!


viernes, 13 de mayo de 2016

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - ACTIVIDADE NÁUTICA PIRAGÜISMO - RÍO ULLA 2016

    Como unha actividade mais dentro do noso proxecto, catro sesións de piragüismo leváronse a cabo. Dúas en outono das que xa dimos conta no blog e agora outras dúas en primaveira. Con esto conseguimos que pratiquen outro deporte, que o fagan en contacto coa natureza e que deste xeito esas catro semanas incrementemos as horas de exercicio físico.

    Nesta ocasión en lugar de facer un power point como memoria e facer a entrada a través de slideshare. Traballamos cun novo recurso que é o programa animoto.

    Espermos que vos guste o recordo que aquí vos deixo...

    O alumnos/as que lle apetece facer deporte na natureza, xa saben donde os esperan..., no clube náutico de Pontecesures!!!



jueves, 12 de mayo de 2016

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - ACTIVIDADE DIDÁCTICA - DEPORTES DE INVERNO - ESQUÍ 2016


    En tódalas clases veremos a memoria de power point coa música que escolle o alumnado para dita presentación. Pero para que tamén podades disfrutala no blog. Colgámola en slideshare e así a podedes ver dende eiquí.

    Experiencia maravillosa a vivida una ano mais polos alumnos/as do centro.





   SEMPRE EXERCICIO FÍSICO E VIDA SANA!!!

lunes, 2 de mayo de 2016

III EDICIÓN PREMIO ALUMNO INTEGRAL

   Cómo estes últimos anos poñemos en marcha o premio. A través do mesmo pretendemos animar a todo o alumnado a progresar académicamente, a facer exercicio físico e a ser mellores persoas. Todo isto levámolo a cabo do seguinte xeito.

  Valoración dos resultados académicos da segunda avaliación.

  Valoración dun cuestionario que cubren as entidades deportivas onde cada alumno/a fai exercicio físico. Vai ao final desta entrada do blog.

  E por último a valoración das actitudes do alumnado. Isto faise a través do díptico que elaboran os alumnos/as de 4º de informática, e que se pasan en tódalas tutorias. En base as respostas establecense unhas puntuacións. Este é o diptico co que traballamos.


   Achegamosvos o cuestionario que cubren as entidades deportivas.

   PUBLICAREMOS NO BLOG, NO MES DE XUÑO, OS CINCO PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA CATEGORÍA. ÁNIMO ALUMNOS/AS INTEGRAIS!!!!!!!!

  

PREMIO ALUMNO INTEGRAL 2016 – PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO – C.P.I. PONTECESURES
CUESTIONARIO PARA CLUBES E ENTIDADES DEPORTIVAS


ENTIDADE:


ALUMNO:

CURSO:


Pedímoste que valores os seguintes apartados referentes ao respecto, o rendemento e a participación do alumno nas actividades físico-deportivas da túa entidade. Para isto pon unha cruz (X) no cadro correspondente a cada un dos apartados no -1, -0.5, 0, +0.5 ou +1.
Se consideras que o alumno cumpre totalmente nese apartado marca +1, se consideras que destaca por non facelo marca -1 e para casos intermedios escolle entre as outras valoracións. Coas valoracións que nos remitas xa nós facemos o cómputo global. GRAZAS!

APARTADOS A VALORAR
-1
-0.5
0
+0.5
+1
Saúda deportivamente os contrincantes ou compañeiros de actividade tanto se gaña como se perde, non lles mostra desprezo, respecta a súa integridade física, non responde a provocacións e acepta as súas desculpas.





Non discute cos compañeiros nen marxina ninguén.
Facilita a socialización das novas incorporacións.





Atende as explicacións e respecta as decisións dos adestradores, monitores e persoas que arbitran.
Cumpre as instrucións que se lle dan.
Cumpre as sancións en caso de que as houber.





Mostra educación e respecto con todos: limpadores, conserxes, axudantes…





Nas sesións deportivas fai estiramentos e, ao rematalas, aséase.





Ten espíritu de superación.
Esfórzase até alcanzar novas habilidades e aumentar o seu rendemento.





Asiste e é puntual aos adestramentos, clases, partidos, competicións e outras actividades programadas.





Anima e axuda os compañeiros.
Refórzaos con frases positivas.
Non protesta cando é substituído.







lunes, 11 de abril de 2016

TRÍPTICO INFORMATIVO DO MAPA DEPORTIVO 2016

   A bolsa de alumnado sedentario ou pouco activo é a receptora destes trípticos informativos, co gallo de que se animen a levar unha vida mais activa!!!!!

   Neles está a información que temos nos mapas expostos na entrada do centro e mais no ximnasio. Calqueira outro alumno que o necesite tamén pode contar con él.

   Deixamos nesta entrada a portada e o mapa que conforman este tríptico.



jueves, 7 de abril de 2016

MAPA DEPORTIVO DE PONTECESURES 2016

    





    Cada curso dende que comezamos co proxecto deportivo de centro elaboramos o mapa deportivo, e facemos as adaptacións necesarias polas novas actividades que van xurdindo. Eiquí tendes o do 2016.

   Así mesmo elaboramos un tríptico con estes cambios que recibe todo o alumnado que aínda non fai unha vida activa, cada vez son menos!!!!!

    TODOS EN MARCHA!!!

miércoles, 9 de marzo de 2016

RECREOS ACTIVOS - CRÓNICA DA CHAMPIONS DE CESURES

   Dentro do proxecto deportivo de centro, unha das liñas de actuación que temos son os recreos activos. A través dos delegados deportivos de cada grupo, organizamos préstamos de material deportivo, uso de espacios e tamén competicións deportivas mixtas. A crónica que a continuación colgamos no blog corresponde a competición de fútbol sala levada a cabo nos recreos dos martes dende o principio de curso e que ven de rematar. Colaborador indispensable para o desenvolvemento da mesma estes anos, Víctor Gesto, profesor de adscrito ao departamento de CCSS X e H. Dende eiquí o agradecemento ao seu traballo.

   Sen mais, aquí está a crónica, feita por vos mesmos!!, que a disfrutedes!!!!!



Como todos os anos, no primeiro trimestre comezou a Champion´s League do CPI Pontecesures.  Esta vez Messi e Ronaldo non puideron participar, pero tiveron dignos sustitutos nos alumnos da ESO.
No campeonato de inverno, nestes momentos están empatados os equipos de 3º e 4º da ESO nos primeiros postos. É de destacar tamén o bo papel que fixeron os alumnos de 2º e 1º da ESO. Estes últimos, con moito entrenamento xa en Primaria, ofrecéronos momentos de gran emoción nos seus partidos contra os grandes.
Na competición participaron uns 35 alumnos en total. O campeonato celebrouse no pabellón. Algúns días o chan non estaba en óptimas condicións pola humedade no ambiente, e resbalábase con moita facilidade.
Todos os partidos foron moi emocionantes, pero entre os que máis están os xogados entre 3º e 4º con empate; 1º contra 2º, con victoria dos primeiros; e tamén un dos partidos celebrados entre 1º e 4º, no que chegaron a finais do primeiro tempo empatados logrando a victoria no segundo tempo, despois dunha dura pelexa, os maiores. 
Houbo unha gran colaboración por parte dos rapaces na organización e arbitraxe dos partidos, así como de alumnas de 3º e 4º na elaboración das crónicas semanais de cada partido.
Hai que resaltar a deportividade que tiveron os xogadores ao longo de todos os partidos: non houbo que expulsar a ningún xogador (non como Pepe, que debería tomar nota).
Entre os goleadores do campeonato podemos destacar a Álex, Santi, Manuel, Iván, Jose, Manuel Jr., Sunnyi, Íker, e entre os porteiros a Álvaro e Fabio.
Agradecemos a gran asistencia a esta competición. En todos os partidos houbo moito público que animou con enerxía aos equipos das súas clases. Este ano tamén cabe destacar o exquisito comportamento dos aficionados xa que en ningún momento tivo que intervir a autoridade.
Noraboa a todas e todos!