miércoles, 4 de febrero de 2015

CRÓNICA CHAMPIONS CESURES 14-15


As alumnas de terceiro Sofía e Lorena en colaboración co proxecto deportivo de centro e co departamento de lingua galega, fan estas crónicas. Disfrutadeas!!

Mércores 21 de xaneiro (Aplazado dende o 17 de decembro)
Despois da volta das vacacións de Nadal, os cursos de 3º e 4º, reanudaron a liga ansiosos por xogar este partido.
·         Xogadores:
-3º: Manuel, Jacobo, Santi, Iván e JoseMiguéns.
- 4º: Samuel, Rubén, Samu, Alex, Lauro.
·         Árbitro: Víctor
·         Puntuación final: 5-5
·         Goleadores  de 3º: Santi, Manuel e Iván
Nada máis comenzar, ambos rivales estaban moienérxicos e dispostos a gañar este partido.
Aocomenzo da primeira parte, os de 3ºestiveronperdendo, pero, pronto puideronpoñerse de novoá par dos de 4º.
Ao final da 1ª parte, o marcador marcaba 3-3.
Durante a segunda parte, 4º, comenzougañandograzas a un gol de Samuel. Pero os de 3º non se resistiron e, Manuel de 3º, volveupór o marcador aomesmo nivel que os seus adversarios.
Aínda que houbomáis goles de por medio, o encontrorematoucun empate de  5-5 para os equipos xogadores.
Ambos equipos xogaron limpiamente pero a vez con competividade. 
Aquí vos amosamos unhas fotos deste magnífico encontro:







viernes, 12 de diciembre de 2014

CARREIRA POPULAR


  ANÍMOVOS!!!, TODOS A CORRER O DÍA 27 DE DECEMBRO!!!









  NON DEIXEDES DE PARTICIPAR COA FAMILIA, COS AMIGOS, A DISFRUTAR!!!!!!!

martes, 25 de noviembre de 2014

PDC DE PONTECESURES - CRÓNICAS CHAMPIOSN CESURES

  Elaboradas por la alumna de 3º de ESO, Sofía Rarís Frois, delegada de prensa da champions de Cesures. Eiquí tedes as crónicas dos primeiros partidos disputados. Ditas crónicas seguindo os requisitos do departamento de Lingua Galega, tamén lle contarán  a alumna no apartado correspondente de dita asignatura.



15 de outubro do curso 2014-15.

O noso Champions League empezou con moita emoción. No partido inaugural enfrontábanse 1º e 2ºA, co equipo de 2ºA formado maioritariamente por rapazas. Os xogadores de 1º foron Daniel, Michael, Manuel, Rodrigo, Angie e Martín, e os de 2º foron Lucía, Jenny, Sara, Jose, Alba, e Alexia. Ao final o resultado foi 4-4, cunha bota loita por ambas partas. O primeiro tempo rematou cun resultado de 2-1 favorable a 1º, con dous goles de Michael. O gol de 2º marcouno o único rapaz que xoga no equipo, Jose. O segundo tempo presentouse moi disputado porque os de 2º colleron forzas, visto o visto. Foi moi disputado, e ao final houbo empate.

Goles: de 1º marcaron Michael (3). O cuarto gol foi metido nunha xogada desafortunada en propia meta. De 2º marcau Jose (4).
Arbitrou o partido Rubén, de 4º, facendo unha boa arbritraxe.

22 de outubro do curso 2014-15

Neste segundo partido da temporado enfrontáronse 2ºB e 3º. Por 2ºB xogaron Lois, Ángel, Álvaro, Sergio, e Diego. Por 3º, Borja, Jacobo, Santi, Aharón, e Manuel. O resultado foi 3-11. Os primeiros minutos do partido foron bastante igualados, con goles por ambas partes, pero ao final do primeiro tempo e durante todo o segundo tempo dominou 3º claramente. Os xogadores de 3º protestaron algunhas decisións do árbitro, o cal sorprendeu vendo a marcha do partido. 

Goles: de 2º marcaron Lois (2) e Ánge. De 3º marcaron Borja (1), Jacobo (4), Santi (3), Aharón (3).   
O árbitro pitoulle tres faltas ao equipo de 3º.

29 de outubro do curso 14-15.

Xogaron 4º e 1º, cun resultado final de 12-1. Por 4º xogaron Samu, Samuel, Rubén, Lauro, e Álex, e por 1º xogaron Daniel, Michael, Manuel, Rodrigo, Angie e Martín. Os goleadores de 4º foron Samu (3), Samuel (4), Rubén (2), Lauro (2), Álex (1). En 1º marcou Manuel. Os alumnos de 4º dominaron dende o principio, pero hai que dicir que os de 1º defenderon moi duramente durante todo o encontro, e o equipo de 4º se tiveron que empregar como se estiveran disputando o final do campeonato. O gol de Manuel foi moi festexado pola grada. Neste sentido, dicir que a aficción de 1º vén apoiando ao seu equipo dende o principio do campeonato.

jueves, 13 de noviembre de 2014

PDC PONTECESURES - XA COMEZOU A CHAMPIONS DE CESURES 2014-2015



CHAMPIONS LEAGUE CESURES 2014-15

Un ano máis, no pavillón Old Trafford de Cesures,  comeza a Champions League da ESO do noso CPI. Este torneo, que cumpre xa o seu cuarto ano consecutivo, sempre levanta unha sana rivalidade entre os distintos equipos, así como entre as respectivas aficións. Na competición participan alumnos e alumnas de todos os cursos. Algúns xogadores son xa estrelas nos equipos punteiros da comarca e incluso de equipos importantes de toda Galicia.
Parte importante do mérito desta competición reside na auto-organización por parte dos propios alumnos. Neste senso, temos os nosos propios árbitros, normalmente de 4º ESO, como por exemplo Rubén, Lauro e Samuel. Temos ademais os nosos propios xornalistas: as crónicas dos partidos corren a cargo de alumnas de 3º ESO coordinadas por Sofía.
A liga comezou o 15 de outubro co partido entre 1º e 2ºA, que foi moi disputado.  
Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Deportivo de Centro do noso C.P.I., dirixido polo Departamento de Educación Física.
               Participan 5 equipos. A competición celebrarase nos dous recreos dos mércores no polideportivo. 
               En próximas entradas iremos poñendo as crónicas dos partidos disputados.

DATA
EQUIPOS
15-10-14
1º-2ºA
22-10-14
2ºB-3º
29-10-14
4º-1º
05-11-14
2ºA-2ºB
12-11-14
3º-1º
19-11-14
4º-2ºB
26-11-14
2ºA-3º
03-12-14
1º-2ºB
10-12-14
2ºA-4º
17-12-14
3º-4º

miércoles, 22 de octubre de 2014

CONDICIÓN FÍSICA E SAÚDE

  Ola a todos, como estamos a traballar neste comezo de curso unidades didácticas que pertencen a este bloque de contidos, (CONDICIÓN FÍSICA E SAÚDE). Deixovos dous links a dúas noticias que se publicaron na voz de galicia a semana pasada, son curtos, e moi interesantes...

  Trala súa lectura, facede de cada un deles, unha pequena reflexión escrita na libreta de apuntes.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/10/16/cerebro-joven-recupera-borrachera/00031413457962237830664.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/10/15/doce-medidas-prevenir-cancer-recomendadas-organizacion-mundial-salud/00031413383340771431340.htm

  Espero que vos aporte algo a súa lectura, e deste xeito camiñemos xuntos hacía unha vida mais sana. Non esquezades que ese é o obxectivo principal da Educación Física.


miércoles, 8 de octubre de 2014

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO EN MARCHA!!!!!!

  Por terceiro ano académico consecutivo estamos dados de alta no Plan Proxecta da Consellería de Educación. Dentro dos plans da Secretaría Xeral para o Deporte, en concreto nos desenvolvemos o Proxecto Deportivo de Centro. Este proxecto témolo integrado no PEC (proxecto educativo de centro), por tanto toda a comunidade educativa está involucrada no mesmo.

  Neste comezo de curso, xa temos tres liñas de actuación en marcha, a saber:

  - Como o curso pasado estamos a pasar a plataforma DAFIS, datos de actividade física saudable. Eiquí queda o link con mais información. DAFIS

  - Tamén comezamos coas actividades na natureza: Piragüismo no Río Ulla coa colaboración do Clube Náutico de Pontecesures, para 1º e 2º de ESO. E comezamos tamén coa organización da Actividade de Deportes de Inverno - Esquí, para 3º e 4º de ESO.

   - Por último estamos pondo en marcha a xunta de delegados deportivos para coordinar tódalas actividades físicas que se poden organizar nos recreos, así coma o programa de préstamos de material.

   A SEGUIR MOVÉNDONOS!!!!, AÍNDA QUE CHOVA!!!!

viernes, 26 de septiembre de 2014

GOZA DO ULLA 2014

  Ola a todos, neste comezo de curso, e dentro do Proxecto Deportivo de Centro, queremos animarvos a todos a participar nesta interesante andaina.

  Vai facer bo tempo, non hai desculpa para non facer actividade física ao aire libre!!!, en familia!!!

   Aquí vos vai o cartel. ANIMÁDEVOS!!!!!