Este próximo Venres día 4 de Abril, as 13:00 horas terá lugar na biblioteca do noso centro unha charla-coloquio co colexiado de primeira división de fútbol, Enrique José Ramos Ferreiros. Unha liña de promoción mais dentro do proxecto deportivo de centro.
A charla versará sobor da importancia que ten o xuiz árbitro como un educador mais no eido do desenvolvemento integral dos deportistas. Como, dun xeito coordinado deberían traballar ao unísono, os árbitros, monitores-adestradores e pais. Para conseguir que a través do deporte e da actividade física os nenos e nenas sexan educados de forma integral. O respeto e a educación en valores que lles debemos trasmitir, parte sen dúbida do respecto e a educación que teñamos os adultos entre nos.
Debido a que no fútbol e onde adoecemos mais de boas conductas representativas, Enrique, basado na sua experiencia tras pasar por tódalas categorías, intentará mostrarnos cal debe ser o camiño para avanzar entre todos os implicados, na educación integral.
A DISFRUTALA, SERÁ DE PROVEITO!!
martes, 1 de abril de 2014
lunes, 24 de marzo de 2014
PREMIO GALICIA SAUDABLE A ENTIDADE EDUCATIVA
O noso trabrallo en prol da vida activa e saudable foi recoñecido recentemente na gala do deporte galego. Esto o que ten é que animarnos a seguir facendo una vida activa, alimentándonos ben e evitando os malos hábitos. Para eso hai que seguir participando e colaborando en tódalas actividades do noso proxecto deportivo de centro.
Aquí vos deixo un par de fotos do trofeo e o diploma. Podedes velo en dirección si queredes...
NORABOA A TODOS!!!
Aquí vos deixo un par de fotos do trofeo e o diploma. Podedes velo en dirección si queredes...
NORABOA A TODOS!!!
viernes, 14 de marzo de 2014
PRIMEIROS AUXILIOS
Coma complemento as dúas sesións teoricas que recibiron os alumnos de 4º de ESO sobre este tema tan importante. Fixemos unha práctica de soporte vital básico, reanimación cardiopulmonar. Coas xestións do Concello conseguimos que a Cruz Vermella de Vilagarcia nos impartise a sesión práctica.
Esta é unha actuación mais dentro noso proxecto deportivo, para estar mais preparados de cara a unha práctica física responsable.
Todo o alumnado valorou moi positivamente estas tres sesións.
Estas son algunhas fotos da actividade:

lunes, 10 de marzo de 2014
ANDORRA 2014
Xa estamos de volta, despois de pasar un ano mais unha semana en Andorra, disfrutando dos deportes de inverno!!! Os alumnos participantes nesta actividade didáctica foron os de 3º e 4º da ESO. Como ven sendo xa tradición, levamos a cabo a actividade co CPI de Barrantes. Ámbolos dous centros saen beneficiados, xa que cada un pola súa conta tería complicado realizar a viaxe. Estes catro anos de actividade en común, teñen un saldo moi positivo, xa que o estar dous profesores de Educación Física na montaña, a hora de seguir traballando cos alumnos, ao rematar as horas co monitor, fai que estes avancen moitísimo mais rápido no aprendizaxe deportivo.
Aquí vos quedan unhas instantáneas da actividade:
Aquí vos quedan unhas instantáneas da actividade:
jueves, 16 de enero de 2014
PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - DAFIS
Esta é a plataforma de Datos de Actividade Física Saudable. Como unha liña de actuación mais no noso PDC, fixemos o curso de formación, e agora neste trimestre pasaremos a todo o noso alumnado a batería de probas.
O fin deste traballo, non e so valorar o estado da condición física saudable, que todos os profesores o facíamos. Senón que a utilidade desta ferramenta e que todos os profesores imos pasar as mesmas probas, probas escollidas polas suas evidencias científicas na concordancia coa saúde. Do mesmo xeito tódolos datos se cargarán nunha plataforma dixital para poder sacar datos macro, e así establecer liñas de actuación. O anonimato do alumnado e os seus datos está garantizado. Faise a través do Xade, que é a plataforma que se usa na Consellería de Educación.
O noso PDC non para de medrar!!!

martes, 10 de diciembre de 2013
PDC PONTECESURES - ACTIVIDADES DO CONCELLO
Dende o departamento de Educación Física, e dentro das liñas de promoción deportiva do noso Proxecto Deportivo de Centro.
ANIMÁMOSVOS A TODOS A PARTICIPAR NESTA CARREIRA!!!!!!!
A MELLOR FORMA DE COMBATER O FRÍO!!!!!
A CORRER!!!!!!!!
PDC PONTECESURES - RECREOS ACTIVOS - CHAMPIONS CESURES
CRÓNICA DO PARTIDO: 3º vs. 4º
3º: 9 - 5 :4º
Foi un partido repleto de sustitucións por
parte dos de cuarto: Ales non puido acudir ao partido; polo que foi sustituído
por Iván, de 2º, quen foi o máximo goleador do partido con catro tantos. tamén
foi trocado Alex Baleirón (que marcou un gol) por Lauro, pois Alex caeu e
fixose dano no seu cóbado.
Houbo una xogada moi discutida: unha
man de Iván na área que o árbitro non sinaluo como penalti. Houbo outra, polo
contrario, moi aclamada: un gol que salvou casi na mesma liña de meta.
A maioría dos xogadores non estaban en
condicións de xogar, pois non levaban a roupa apropiada. Mais os que si a
levaban marcaron varios goles: Samuel (2), Samu (3) e Santi (3).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)