lunes, 10 de noviembre de 2025

PDC ILLA DE TAMBO - RECREOS ACTIVOS

 Esta entrada énchenos de ledicia, xa que é unha das nosas líneas de actuación estrela. Este ano contamos de novo cos RECREOS ACTIVOS!!, moi demandados polo alumnado, e que do mesmo xeito, ao ter o ximnasio e o pabillón aberto para actividades deportivas, desconxestiona o patio e os pasillos do noso centro. Actualmente estánse a facer equipos para tentar de montar unha competición de voleibol, a de fútbol sala xa está en marcha. De forma paralela hai entre ximnasio e pabillón catro grupos de fútbol, dous de voleibol e outro de badmintón, aoredor de cen alumnos anotados. Todxs estes alumnxs vinculados de forma voluntaria a actividade física, a través dos nosos recreos activos!!!!!!!!! Aquí deixamos unhas fotos que dan conta dos mesmos.










    SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!


PDC ILLA DE TAMBO - DAFIS

 Un ano mais solicitamos o caixón de dafis para facer o estudo de datos de actividade física saudable ao noso alumnado. E o décimo curso consecutivo en que o facemos no Illa de Tambo, e o oitavo dentro do proxecto deportivo de centro. Esta plataforma axúdanos a ter unha idea clara do perfil do alumnado, facendo unha tutoría individual con cada un para ter en conta os datos do informe de cara a avaliación da asignatura e o mais importante de cara a unha autoavaliación do propio alumnado. E deste xeito avanzar no logro das suas competencias persoais, así como nas suas competencias motrices. Por outra banda isto tamén axuda a que a secretaría xeral para o deporte poida ter uns datos macro do alumnado galego.

   Pasamos as probas a cento vintecinco alumnxs dos cursos de segundo de eso e de primeiro de bacharelato.

   Este é o link da plataforma utilizada para este traballo. https://dafis.xunta.es/es/

   Ata a próxima entrada..., e mentres...

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!

viernes, 10 de octubre de 2025

PDC - ILLA DE TAMBO

 Ola a todos!!!


   Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa do ies illa de tambo a este novo curso escolar e facelos partícipes de que por noveno ano consecutivo pomos en marcha o proxecto deportivo de centro. Este curso continuaremos con tódalas líneas de actuación do noso proxecto, para ir creando sinerxias entre todos para avanzar nun estilo de vida saudable. 
  Este curso continuaremos con todas as actividades, destacando a actividade didáctica de deportes de montaña. Outras xa instauradas e que funiconan, as andainas en colaboración con  distintos departamentos e por cursos, así como seguir participando coa plataforma dafis, pasando as probas ao alumnado e deste xeito poder xerar os informes para o estudio individual e contribuir ao estudio macro por parte da secretaría xeral para o deporte. Contínuamos cos nosos queridos e reclamados polo alumnado, recreos activos!!. E terán cabida mais actividades que poidan xurdir, charlas educativas, promoción deportiva, carreiras solidarias...
   Contamos co traballo aportado por un grupo de profesorado coma son: Silvia Osorio, Luz López, Sabrina Piberne, Lourdes Senra, Antonio Novo e Felix García.

   De todo o que aconteza, vos iremos informando no blog que o departamento de educación física ten para o proxecto deportivo de centro, ILLA DE TAMBO.

   SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!

lunes, 9 de junio de 2025

PDC ILLA DE TAMBO - ROTEIRO MONTE E MAR

  OLA  A TODOS!!!!!

   
  Este fermoso roteiro foi co curso de 3 de eso, en colaboración con normalización lingüística, o departamento de orientación e a vicedirección levámolo a cabo. Cun día expléndido para a camiñata, onte disfrutamos con este alumnado desta actividade.

     Este roteiro comeza e remata no instituto. Saímos cara o monte, subindo cara a penizas, disfrutamos do castro da Subidá, pasamos polo mirador dos catro ventos, e baixamos a Mogor para contemplar os petroglifos, xa o nivel do mar disfrutamos do descanso na praia, e voltamos ao instituto xa pegados ao mar ata o centro de Marín.

     Eiquí quedan unhas instantáneas dunha mañá de ACTIVIDADE FÍSICA E FORMACIÓN!!!




















E SEN MAIS SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!

miércoles, 21 de mayo de 2025

PDC ILLA DE TAMBO - CHARLA DE DOAZÓN - ADOS GALICIA

 Ola a todxs!!, facemos esta entrada par dar conta da charla levada a cabo onte no noso ies. Foi todo un éxito a mesma, e moi de agradecer que dende ADOS se prestaran a vir ao noso instituto, poñendo todo da súa parte para difundir a menxase de DAR VIDA EN VIDA. O noso alumnado tivo a sorte, de a un ano da súa maioría de idade, coñecer de primeira man a importancia de doar sangue, tecidos, órganos e médula ósea, para así dar a oportunidade de vivir a outras persoas. Todo un orgullo dende o noso proxecto deportivo de centro, poder SUMAR e aportar o noso graniño de area para ter mais doantes de todo tipo e así facer unha sociedade mellor entre todos.



   E SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!

miércoles, 30 de abril de 2025

PDC ILLA DE TAMBO - CARREIRA DE ORIENTACIÓN FINCA DE BRIZ

 Ola a todxs, nesta entrada damos conta dunha magnífica actividade que levamos a cabo en colaboración co Concello de Marín e a agrupación deportiva Xesta Natureza. Nunha ubicación maravillosa deste concello coma é a finca de Briz, levouse a cabo o xoves pasado esta actividade. Agradecer ao concello, a organización desta actividade e aos monitores de Xesta Natureza, gracias pola vosa implicación e bo facer. Por parte do departamento de educación física decidimos levar a primeiro de eso, un total de 48 alumnxs que participaron nesta estupenda actividade. Disfrutaron moito facendo exercicio ao aire libre, e coñecendo un pouco mais o deporte da orinetación. Deixámosvos eiquí unhas fotos da xornada.


















     E SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!

martes, 8 de abril de 2025

PDC ILLA DE TAMBO - DEPORTES DE MONTAÑA

 Nesta entrada imos comentar o acontecido na segunda das actividades do departamento que teñen pernocta fora da localidade. 

     Esta é deportes de montaña, e ten unha ampla cobertura de actividades na natureza, neste caso no entorno dos picos de europa. Faise un desprazamento aos picos de europa, en concreto ao valle de Liébana. Aproveitase o viaxe de ida para visitar Cudillero e Covadonga e xa unha vez no valle comenzan as actividades: escalada, rapel, tirolina, rutas de senderimo, rutas de treking (teleférico de Fuente De), rutas a cabalo e visita a Cabárceno que se fai camiñando todo o día..., e xa de regreso o venres..., parada en Arriondas para facer a metade do descenso do río Sella (8km), actividade que dende que se incluiu, e unha das favoritas do alumnado participante na mesma. Que neste caso son alumnos de 2º de Eso. A continuación incluimos fotos da experiencia!!!

   SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!