Facemos esta entrada para dar conta dunha colaboración feita co club Pontevedra de squash, a actividade foi proposta e coordinada pola nosa compañeira Sabela. Programáronse unhas sesións de iniciación cos primeiros, segundos e terceiros de eso. Dirixiron as mesmas un monitor do clube, Damián e unha deportista internacional do mesmo, Marta Domínguez. O alumnado en xeral disfrutou da vivencia, gustoulle a actividade e se cadra algún faixe xogador de squash. Poñemos a continuación unhas fotos das sesións!!
martes, 10 de diciembre de 2024
PDC ILLA DE TAMBO - RECREOS ACTIVOS
Esta entrada énchenos de ledicia, xa que é unha das nosas líneas de actuación estrela. Este ano contamos de novo cos RECREOS ACTIVOS!!, moi demandados polo alumnado, e que do mesmo xeito, ao ter o ximnasio e o pabillón aberto para actividades deportivas, desconxestiona o patio e os pasillos do noso centro. Actualmente estánse a facer equipos para tentar de montar unha competición de fútbol sala e outra de voleibol. De forma paralela hai entre ximnasio e pabillón grupos de fútbol, voleibol, baloncesto e outro de badmintón, cun total de 102 alumnxs anotad a maiores a participación nas dúas competicións. Todxs estes alumnxs vinculados de forma voluntaria a actividade física, a través dos nosos recreos activos!!!!!!!!! Eiquí deixamos unhas fotos que dan conta dos mesmos.
SEN MAIS, SAÚDE E VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!